sábado, 16 de decembro de 2017

Actividades de Nadal


En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa xenerosidade na campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas. Como é habitual e podedes ver na foto, conseguiuse unha boa cantidade de axuda. 


Aproveitamos tamén para informarvos de diversas actividades para os nenos/as, que estamos preparando, en colaboración co centro, para os días 20 e 21 de decembro:

- O mércores día 20 faremos unha pequena representación teatral, coa axuda dun grupo de nais lectoras. Ese mesmo día, e como en anos anteriores, o cole recibirá tamén a visita do Apalpador.

- O xoves día 21 recibiremos a visita dos Reis Magos. Os nenos/as entregaranlles unha carta "solidaria" na que pedirán desexos para os demais. A mellor carta de cada curso terá un premio, que se entregará despois do Nadal. 





martes, 12 de decembro de 2017

Recollida de alimentos

Un ano máis a nosa comunidade escolar vai participar na campaña de recollida de alimentos organizada por CÁRITAS, co obxectivo de repartilos entre a xente máis necesitada.

A recollida farase os días mércores 13, xoves 14 e venres 15 de decembro, nas entradas ao colexio. Eses días, os nenos e nenas poden traer á escola ALIMENTOS NON PERECEDEIROS coma aceite, conservas, legumes, pasta ou azucre e tamén DOCES DE NADAL como turrón ou polvoróns. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.


Festa de Nadal

Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º van organizar unha festa de Nadal, xunto coa ANPA e as súas familias. A festa vaise celebrar no cole o venres día 15 de decembro de 17:00h a 20:00h.
Se realizas un donativo de 2 € terás chuches, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida.

Os nenos que acudan sós á festa non poderán abandonala sen autorización por escrito e firmada dos seus pais ou titores.

xoves, 30 de novembro de 2017

Ludotecas e obradoiros de Nadal

As Ludotecas de Nadal organizadas por FANPA terán lugar do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. O prazo de inscrición comeza o 11 de decembro e remata o 14. A inscrición poderá realizarse en liña desde nontedurmas.org ou presencialmente na sede social da FANPA (rúa Xan Guillerme, 9).

Podedes atopar toda a información e descargar a ficha de inscrición no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/inscricion-no-ludonadal-2017/

Ademais das ludotecas, a FANPA organiza tamén nas mesmas datas uns obradoiros de Jumping Clay e Cociña (este, para nenos/as de idades entre 6 e 14 anos).

Estes obradoiros son independentes (pódese escoller que días se quere asistir e págase por día). Para inscribirse débese cubrir e entregar persoalmente a ficha na sede da FANPA (rúa Xan Guillerme, 9) , onde se fará o pagamento en efectivo. 

A información completa e máis a ficha de inscrición están dispoñibles neste outro enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/ficha-de-inscricion-nos-obradoiros-fanpa-nadal-2017-2018/

mércores, 22 de novembro de 2017

Presentación da nova xunta directiva

Hoxe, mércores 22 de novembro de 2017 celebrouse unha asemblea extraordinaria de socios da ANPA para renovar a xunta directiva.


Presentouse unha única candidatura composta polas seguintes persoas:
  • Presidenta: Noela Quintana Martínez
  • Vicepresidenta: Xandra Revenga López
  • Secretaria: Carolina Arán Bernal
  • Tesoureiro: Javier González Paz
  • 1º Vogal: Daniel Boullosa Cortegoso
  • 2ª Vogal: María Curra Gamallo
  • 3ª Vogal: María Seco Piñeiro
Presentámonos:
Somos un grupo de pais e nais, dos cales algúns de nós xa pertencemos á xunta directiva da ANPA, e todos somos socios desta.
Cremos nunha escola pública e de calidade, de todos e para todos. Estamos convencidos tamén de que a ANPA xoga un importante papel na defensa desta educación.
O próposito deste proxecto é promover a identidade da ANPA como membro activo dentro da comunidade educativa, creando unha asociación aberta e dialogante, capaz de dar respostas e solucións a aquelas necesidades, carencias e melloras que poidamos ofrecerlle ao noso centro, e polo tanto, aos nosos nenos/as.
Propoñémonos uns obxectivos principais:
  • Establecer unha comunicación aberta e fluida cos distintos colectivos da comunidade educativa (familias, profesorado e alumnado) e os órganos de goberno que os representan (equipo directivo, Consello Escolar e Claustro de profesores/as).

  • Colaborar de maneira activa, eficaz e eficiente nas actividades educativas do centro e as súas necesidades dentro do marco do Proxecto Educativo.

  • Manter vivos os distintos mecanismos de participación e comunicación existentes e crear novos cando xurda a necesidade, co obxecto de facilitar a transparencia e a difusión das opinións dos socios, de xeito seguro e fiable.

  • Continuar coa xestión e supervisión das actividades extraescolares e doutras complementarias que poidan xurdir.

  • Buscar financiación para dar resposta ás necesidades que ten o noso centro a través de iniciativas propias organizadas pola ANPA, así como solicitar cantas axudas e subvencións poidamos pedir das Administracións Públicas competentes ou iniciativas privadas.

  • Asistir aos pais/nais/titores legais do alumnado en todas aquelas problemáticas ou iniciativas que se presenten, así como dar orientación en situacións puntuais de incertidume como son os inicios de curso, a incorporación de novas familias ao centro, etc.

Cremos firmemente na posibilidade de que na nosa ANPA se poidan defender distintas propostas e chegar a acordos a través do diálogo, porque a mellor educación para os nosos fillos/as é o exemplo que lles damos no día a día. Para iso, comprometémonos a poñer toda a ilusión, esforzo e dedicación e tratar de detectar, corrixir e mellorar os problemas que poidan xurdir e estean dentro do noso ámbito de actuación.

Por todo o anterior, animámosvos a participar en cantos debates se formulen, a asistir e opinar nas asembleas e, no caso de que o consideredes oportuno, a apoiar a nosa candidatura.


mércores, 15 de novembro de 2017

Guía sobre o acoso escolar

Dende a Delegación de Participación Ciudadana da Comisaría Provincial de Pontevedra envíannos, para a súa difusión, unha guía para detectar e actuar fronte ao acoso escolar. Nela podedes atopar información sobre:
  • a idade adecuada para ter un móbil con conexión a internet.
  • como saber se o noso fillo está sendo acosado.
  • como actuar nestes casos.
  • como previr o acoso.
  • cando debemos acudir ás Forzas e Corpos de Seguridade.
  • que podemos facer para previr o acoso.
  • como actuar co acosador.
  • as consecuencias legais do acoso.
Podedes consultar o manual AQUÍ.

Aproveitamos para comunicarvos a semana pasada fixéronse saídas e por despiste non se aplicou o desconto do 20% ás familias socias. Para non andar enviando cartos a través dos nenos e nenas o que faremos será descontar o que correspondía destas saídas nas próximas saídas que fagan. Desculpade as molestias.

Tamén vos lembramos que o próximo día 22 haberá asemblea de ANPA con renovación de xunta directiva. Animarvos a presentar a vosa candidatura e a participar no proceso electoral!

venres, 10 de novembro de 2017

Novo establecemento colaborador

Temos un novo establecemento colaborador que ofrece descontos do 5% aos socios da nosa ANPA. Trátase de Manualidades Arte, na rúa Joaquín Costa, 16.

Podedes ver e descargar a listaxe completa e actualizada de establecementos colaboradores no apartado "Faite socio / establecementos colaboradores" deste  blogue.

Aproveitamos para lembrarvos que para beneficiarse dos descontos que ofrecen todos estes establementos é preciso amosar o carné de socio da ANPA para o presente curso. Podédesvos facer socios en calquera momento. Para iso, hai que cubrir a ficha de datos e pagar a cota de 20€ (toda a información no apartado "Faite socio/establecementos colaboradores).

Tamén vos queremos lembrar que para que esta iniciativa teña éxito, contamos coa vosa colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse. 

xoves, 26 de outubro de 2017

Convocatoria de asembleas ordinaria e extraordinaria

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA

Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a unha asemblea ordinaria, que se celebrará o mércores día 22 de novembro de 2017, ás 18:30h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Aprobación de contas curso 2016-17.
  3. Presentación de memoria de actividades curso 2016-17.
  4. Rolda de intervencións.




CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA

Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a unha asemblea extraordinaria, que se celebrará o mércores día 22 de novembro de 2017, ás 19.00h en primeira convocatoria e ás 19:30h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Eleccións da xunta directiva.



Haberá servizo de gardería de 19:00h a 20:00h para todos os que o precisedes.


As candidaturas á xunta directiva presentaranse por escrito dirixido ao secretario da asociación dende a data da convocatoria da asemblea extraordinaria e ata o día e hora das votacións.
O procedemento de elección será o seguinte:
a) Presentación de candidaturas ata o momento da asemblea na que se farán as votacións para a elección.
b) Cada candidatura disporá dun máximo de 10 minutos para a súa presentación aos asociados, decidindo a orde de intervencións nun sorteo previo.
c) As votacións faranse polo procedemento de voto secreto en urna.
d) Cada socio con dereito a voto, previa presentación da súa identificación, depositará o seu voto na urna elixindo unha das candidaturas.
e) O secretario, en presencia dos candidatos e todos os socios que o desexen, fará o reconto de votos unha vez finalizada a votación. No caso de empate a votos, procederase a unha segunda rolda de votacións para decidir só entre as candidaturas empatadas con maior número de votos.
f) Proclamarase vencedora a lista máis votada; e, por conseguinte, quedarán investidos todos os seus membros como nova xunta directiva.
g) De non terse presentado ningunha candidatura ata o momento do comezo da sesión de votacións, a asemblea xeral poderá nomear un presidente que quedará facultado para elixir o resto de cargos entre os socios.


O censo será pechado coa data da convocatoria, 25 de outubro do 2017.

(Podedes consultar o texto completo dos novos estatutos AQUÍ).  

Roteiros en familia 2017-18

Infórmannos desde a FANPA sobre a actividade Roteiros en familia, que ten como finalidade pasar tempo de lecer na natureza, e aumentar o coñecemento da nosa contorna.

Está aberto o prazo de inscrición. Podedes consultar todas a rutas e as datas, así como descargar a ficha de inscrición, no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/roteiros-en-familia-2017/

sábado, 21 de outubro de 2017

Renovación da xunta directiva



O próximo mes de novembro celebraremos unha Asemblea Ordinaria para todos os socios na que aprobaremos contas e faremos unha memoria das actividades realizadas.  

A continuación, celebraremos unha Asemblea Extraordinaria para renovar a xunta directiva actual. É por iso que vos queremos animar a todos os socios a que presentedes a vosa candidatura para formar parte da xunta directiva da ANPA.

Cada candidatura débese compoñer de 7 socios, tal e como se establece nos estatutos que aprobamos en asemblea o curso pasado e que foron aprobados recentemente pola Xunta de Galicia (podedes consultar o documento completo 
AQUÍ. O artigo 13º refírese ao proceso de renovación da xunta directiva). 

Informaremos por distintos medios sobre a data desta asemblea no momento en que se convoque oficialmente, cos prazos e a forma para presentar as candidaturas.

De momento simplemente vos queremos avisar para que o vaiades pensando e vos vaiades organizando. A xunta directiva actual deixámolo, algúns porque os nosos fillos/as se van do colexio, e todos porque cremos que é necesario a renovación para activar a asociación. O sistema educativo necesita das nais e pais e as vosas fillas e fillos agradeceránvolo. 

Animádevos a participar!


luns, 2 de outubro de 2017

Lecturas de pais e nais

Outro ano máis queremos continuar coa experiencia que comezamos hai xa oito anos de lecturas no colexio, e para iso precisamos da vosa colaboración.
As lecturas no colexio consisten en que nós, nais e pais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolo nós, así como o curso ao que queremos ir ler, incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.
Este curso imos seguir, coma o ano pasado, dando a posibilidade de que escollades o día, a elixir entre o xoves ou o venres da segunda semana de cada mes.
Os que xa participamos máis veces querémosvos animar a participar: aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos.
Os que esteades interesados en participar enviade un correo electrónico (antes do luns 9 de outubro) a: anpa.froebel@gmail.com indicando o voso nome, e-mail e teléfono (Asunto: Lecturas). Antes das primeiras lecturas faremos unha pequena reunión para os que vos animedes por primeira vez. Xa avisaremos a través do correo electrónico.
Se tedes algunha dúbida ou queredes informarvos máis en profundidade sobre esta actividade podedes falar con María Curra. Tfno: 652818009.

Moitas grazas e animádevos!

sábado, 30 de setembro de 2017

Extraescolares curso 2017-18

Finalmente, estas son as actividades extraescolares que se van realizar:

Jumping Clay - Luns ás 16:30h (comeza o día 2 de outubro)
Baloncesto - Luns ás 17:30h (comeza o día 2 de outubro)
Preballet - Martes ás 17:30h (comeza o día 3 de outubro)
Patinaxe - Martes ás 16:30h (comeza o día 3 de outubro)
Bádminton - Mércores ás 16:15h* (comeza o día 4 de outubro)
Artividades (infantil) - Mércores ás 16:30h (comeza o día 5 de outubro)
Multideporte - Xoves ás 16:30h (comeza o día 5 de outubro)
Balonmán - Xoves ás 17:30h (comeza o día 5 de outubro)

*a actividade de bádminton comeza ás 16:15h e finaliza ás 17:15h.

Actividades que NON se van realizar por non acadar o número suficiente de inscricións:
Expresión musical
Fun English
Robótica
Baile tradicional
Artividades (para primaria)
Contacontos teatral
Masterchef


O acceso ás actividades extraescolares é pola porta branca. É moi importante a PUNTUALIDADE, tanto na entrada como na saída. Non hai monitores na porta polo que tanto a recepción como a entrega dos nenos e nenas fana os propios monitores da actividade. 


mércores, 13 de setembro de 2017

Benvidos a un novo curso escolar

Benvidos ao novo curso escolar 2017-18.

A partir do próximo luns día 18 podedes facervos socios da ANPA, entregando a ficha cuberta e asinada; a cuota mantense en 20 euros por familia. Estaremos no local da ANPA (situado entrando pola porta gris do comedor, pola rúa Alfonso XIII) entre as 9:05h e as 9:45h, desde o luns 18 de setembro ata o luns 25 de setembro.

Este horario é tamén para entregar as fichas de inscrición ás actividades extraescolares e para anotarvos a piscina. Fóra deste prazo non podedes anotarvos nin a piscina nin a ningunha actividade extraescolar. 
Se non podedes acudir ao local nese horario, podedes enviar as fichas de inscrición por correo electrónico ou deixalas na caixa de correo da ANPA (situada fronte á porta de infantil), xunto co xustificante de pago.


venres, 28 de xullo de 2017

Inscrición nos servizos de comedor e madruga para o curso 2017-18

Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2017-18 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberás remitir a ficha cuberta integramente a SERUNION por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo info@arumeservicios.gal

Le atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

Descarga o PDF coa ficha de inscrición e condicións AQUÍ.

martes, 20 de xuño de 2017

Actividades extraescolares para o curso 2017-18

Xa podedes consultar a oferta de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2017-18. Atoparedes a información na sección adicada ás extraescolares: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Unha das novidades deste ano é que xa está aberto o prazo de matrícula. Podedes descargar aquí a ficha de inscrición e enviala por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou depositala na caixa de correo da ANPA, que está situada diante da entrada de infantil.

luns, 29 de maio de 2017

Gañadores do concurso de creatividade

Xa se coñecen os gañadores do concurso de creatividade organizado por CEAPA en colaboración con Playdoh e no que participaron nenos e nenas do noso cole. Desta vez non houbo sorte!
Podedes consultar os gañadores no seguinte enlace:
https://www.ceapa.es/content/fallo-del-jurado-premios-del-concurso-de-creatividad-dirigido-niñosas-y-adolescentes-de


martes, 23 de maio de 2017

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público.
As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
A información completa pódese atopar na WEB DA XUNTA.

luns, 1 de maio de 2017

Gran éxito no concurso de Maios

O noso cole foi o gañador do concurso de Maios celebrado hoxe día 1!

Grazas a todas as familias que fixeron isto posible coa súa colaboración. 

Podedes consultar a listaxe completa de premios no seguinte enlace:
http://pontevedraviva.com/cultura/36321/concurso-maios-pontevedra-froebel-2017/

E as fotos, AQUÍ.

martes, 28 de marzo de 2017

Subvención das saídas

Desde o curso pasado temos aprobado un acordo para subvencionar todas as saídas que se fagan fóra do centro escolar. O acordo é subvencionar a todas as familias socias cun 20% do importe da saída ata un máximo de 5 euros de aportación. Exceptuamos as saídas de pouco importe.

Informámosvos disto porque hai uns días os alumnos de 6º tiveron dúas saídas das que non nos enteramos e non recibiron subvención da ANPA. Unha vez que nos enteramos, rectificamos e a cada neno/a socios devolvéronselles 3,2 euros.

Para os demáis cursos que xa levaron notas de saídas nas que non poña que hai desconto para socios da ANPA, que saibades que sempre hai ese 20% cun máximo de 5 euros. Os que van de camping teñen todos 5 euros de subvención.

Se vos avisan dalgunha outra saída na que non figure desconto por ser socio da ANPA avisádenos, por se o centro se esquece de dicírnolo.

venres, 17 de marzo de 2017

Ludotecas de Semana Santa

O vindeiro luns día 20 de marzo ábrese o prazo de inscrición para as ludotecas de Semana Santa organizadas por FANPA.

Podedes atopar a información no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/ludotecas-de-semana-santa-2017/

venres, 24 de febreiro de 2017

Fotos da función de títeres

Como tiñamos anunciado, onte xoves día 23 visitou o centro o grupo Trapusteros Teatro para representar a obra de títeres titulada "Los cuentos de otro". A actuación foi todo un éxito e gustou moito. Podédelo comprobar nestas FOTOS.


martes, 21 de febreiro de 2017

Títeres no cole

Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler.
A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto?


Esta é a obra de títeres que vai presentar no cole o xoves 23 a compañía Trapusteros Teatro, do Brasil, que se atopa en Galicia nestes días participando en diversos eventos. Esta actividade está organizada conxuntamente pola ANPA e o centro.





luns, 20 de febreiro de 2017

Festa de Entroido


Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º, xunto coas súas familias e máis a ANPA, organizan unha 
festa de Entroido.

A festa  vaise celebrar no cole o día 24 de febreiro de 16:30h a 19:30h.

Se realizas un donativo de 2€ terás lambetadas, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida. Non te esquezas tampouco de vir disfrazado, xa que haberá premios para os mellores disfraces!

Os nenos que acudan sós á festa non a poderán abandonar sen autorización por escrito e firmada polos seus pais ou titores.

mércores, 15 de febreiro de 2017

Novo mapa de zonificación escolar

O Consello Escolar Municipal acordou avalar a proposta de Educación para modificar o mapa de zonificación escolar. Segundo varios inspectores asistentes, a Xunta prevé aprobar esta zonificación en marzo, para que o proceso de admisión dos alumnos do próximo curso xa se rexa en función desta normativa.
Podedes ler toda a información e ver como quedan as novas zonas no seguinte enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/34342/asi-sera-nuevo-mapa-zonificacion-escolar-pontevedra/

mércores, 1 de febreiro de 2017

Entrega de premios

Cando os Reis Magos nos visitaron no mes de decembro, cada neno entregoulles unha carta solidaria coa que participaban nunha competición. Hoxe fixemos a entrega de premios á mellor carta de cada curso. As cartas gañadoras foron seleccionadas por un xurado de profes.

Estes son os gañadores: 

Javier Lago Beloso de Infantil       (5 anos)
Elena Martínez Rodríguez             (1º curso)
Alba Trabazo Abelenda                 (2º curso)
Isabel Morante Acuña                    (3º curso)
Roque Pazos Fuentes                     (4º curso)
Noa Fernández Curra                     (5º curso)
Sabela Rivas Campos                     (6º curso)


Podedes ver as fotos da entrega de premios AQUÍ.



 




PARABÉNS A TODOS!!

sábado, 14 de xaneiro de 2017

Contacontos de Nadal


AQUÍ están as fotos das lecturas de contos de Nadal que fixemos o día 20 de decembro.

Aproveitamos para ir adiantando que en breve volveremos  poñer en marcha a experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai varios anos. As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo normalmente un venres, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.  

Aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos. Se nunca o probastes, animádevos este ano e seguro que non vos arrepentides! Nuns días farémosvos chegar máis información.

Fotos da visita do Apalpador

Como xa vos comentamos, o día 21 de decembro o cole celebrou o Día de Minnesota. Esta festa, organizada polos profes de inglés, vense celebrando nos últimos anos para dar a coñecer o lugar de orixe dos distintos lectores de inglés que temos cada ano no centro. E como tamén xa é tradición, a ANPA aportou uns hotdogs e pipocas de millo, que este ano repartiu o Apalpador. Podedes ver as fotos AQUÍ


xoves, 12 de xaneiro de 2017

Fotos da visita dos Reis Magos

Xa podedes ver as fotos da visita que fixeron os Reis Magos ao cole o pasado día 19 de decembro.


Clica AQUÍ