venres, 29 de xaneiro de 2016

Festa de Entroido

Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º van organizar unha festa de Entroido, xunto coa ANPA e as súas familias. A festa vaise celebrar no cole o día 5 de febreiro de 17:00h a 19:30h.

Se realizas un donativo de 2 € terás merenda, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida. Tamén haberá diplomas para os mellores disfraces, así que non esquezas vir disfrazado!

Se estades en 6º e queredes participar na organización, podedes poñervos en contacto con Marisol (nai de Lucía) ou coa ANPA a través do noso correo electrónico anpa.froebel@gmail.com ou deste  blog.

Tamén vos pedimos se poderiades doar un libro infantil que teñades por casa e xa non precisedes, para despois facer unha tómbola ou sorteo durante a festa. Os libros podédelos deixar no local da ANPA os xoves de 9:00h a 9:30h, ou darllos a Marisol ou a calquera da directiva da ANPA que coñezades.

Os nenos que acudan sós á festa non poderán abandoar a festa sen autorización por escrito e firmada dos seus pais ou titores.


Informámosvos tamén que o mesmo día 5 de febreiro pola mañá o colexio celebrará o “Ohio Day” onde se repartirán a todos os nenos e nenas uns “perritos calientes” donados pola ANPA. Se algún neno ou nena ten algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria facédenolo saber a través dun correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou deixando unha mensaxe na caixa de correo da ANPA, polo menos dous días antes da festa.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Cambio no día das lecturas

Querémosvos informar de que decidimos cambiar o día das lecturas de pais dos xoves para os venres, xa que a maioría de pais e nais interesados non podían asistir os xoves. Esperamos que o cambio sexa favorable e poidan aproveitar a experiencia cantos máis mellor.

Lembrade que o primeiro día será entón o venres 29 de xaneiro e para os meses seguintes sempre o último venres de cada mes.
Para calquera dúbida podedes mandarnos un correo. 

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Piscina. Segundo cuadrimestre

Desde o C.D. Campolongo ofrécennos a actividade de piscina para o segundo cuadrimestre do curso, por se alguén está interesado. É para nenos de 5º de infantil en adiante e o prezo é 33,60 euros o cuadrimestre. É preciso ser socio da ANPA. Podedes atopar máis información na sección de "Actividades extraescolares" deste blogue.

Para inscribirse podedes facelo no local da ANPA (entrada pola porta gris do comedor) desde mañá xoves día 21 ata o martes día 26 de 9:00h a 9:30h, ou ben por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com e facendo o ingreso na conta da ANPA. 

Os que xa están inscritos do primeiro cuadrimestre poden efectuar o pago do segundo cuadrimestre da mesma maneira.

luns, 18 de xaneiro de 2016

Lecturas de nais e pais

Un ano máis queremos continuar coa experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai seis anos; pero para iso precisamos da vosa colaboración.

As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Farémolo un xoves, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.

Os que xa participamos máis veces nesta experiencia querémosvos animar a participar: aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos.

A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca e está incluída no Plan Xeral Anual do centro. As lecturas comezarán este mes de xaneiro e faranse os seguintes días:



Necesitamos que vos apuntedes para que a actividade siga adiante. Podedes vir ler todos os días indicados ou días soltos. Para anotarvos, enviade un correo electrónico (antes do 22 de xaneiro para a lectura de xaneiro) a anpa.froebel@gmail.com indicando o voso nome, e-mail e teléfono (Asunto: Lectura).

Se tedes algunha dúbida ou queredes informarvos máis en profundidade sobre esta actividade podedes falar con María Curra.




venres, 15 de xaneiro de 2016

Comedor

Xa está actualizada a páxina dos servizos de comedor e Madruga cos menús e programas de actividades para o mes de xaneiro, así coma os horarios de recollida.

Lembrámosvos tamén que existe unha titora do comedor que pertence a Serunión, empresa que presta o servizo de comedor, e podedes falar persoalmente con ela nos días e horas establecidos para tal efecto. Podedes atopar tamén os días e horas de titoría para este trimestre na páxina de comedor.

Ademáis, se tendes algunha queixa ou reclamación sobre o servizo de comedor, podédesvos poñer en contacto en calquera momento con Cristina Vázquez-Lescaille Carpintero, vicepresidenta da ANPA e delegada de comedor.

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Certame de relato curto

A FANPA organiza anualmente o seu CERTAME DE RELATO CURTO. Este ano é a súa cuarta edición e o prazo para entregar os vosos textos remata o próximo día 29 de febreiro. Podedes consultar as bases na seguinte ligazón: http://certame.nontedurmas.org/


xoves, 7 de xaneiro de 2016

Menús de xaneiro

Xa podedes consultar os menús do comedor e Madruga para este mes de xaneiro:

http://nontedurmas.org/comedores-e-madruga-de-pontevedra/article/menus-nos-comedores-e-madruga-de

Lembrade tamén que temos unha sección adicada ao Comedor e Plan Madruga, onde podedes atopar os menús, actividades e outra información de interese sobre este tema:
http://anpafroebel.blogspot.com.es/p/blog-page_25.html