luns, 21 de novembro de 2016

Eleccións ao Consello Escolar

A votación para elixir aos representantes de nais e pais no Consello Escolar será o martes día 29 de novembro dende as 9:00h ata as 10:30h, de 13:00h a 14:15h e das 16:30h ás 17:30h. Corresponde elixir a dous candidatos.

Teñen dereito a elixir e ser elixido tanto o pai como a nai ou, se é o caso, os titores legais. O voto será secreto, directo e non delegable. Cada elector deberá acreditar a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo e fará constar na papeleta un nome da lista de candidatos.

Lista de candidatos:

ROMÁN DEL RÍO NOVOA

JORGE M. GOITIA PAISA

XANDRA REVENGA LÓPEZ

mércores, 9 de novembro de 2016

Eleccións ao Consello Escolar

Está aberto o prazo para a presentación de candidaturas para o Consello Escolar. Se estades interesados en presentarvos para poder participar na vida escolar e contribuír a un mellor funcionamento do centro, podedes facelo entre os días 4 e 11 de novembro na dirección do centro. 

Durante as mesmas datas (do 4 ata o 11 de novembro) tamén estarán expostos os Censos Electorais. É aconsellable que comprobedes se os vosos datos son correctos.

martes, 8 de novembro de 2016

Fotos do concurso de modelar con plastilina


Os nosos nenos/as pasárono moi ben e traballaron moitísimo o pasado xoves día 3 para facer as súas creacións de plastilina. Podédelo comprobar neste ÁLBUM .

mércores, 2 de novembro de 2016

Asemblea - documentos

Lembrade que todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel estades convocados a unha asemblea ordinaria que se celebrará o xoves día 3 de novembro de 2016, ás 18:45h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Aprobación de contas do curso 2015-16.
  3. Eleccións ao Consello Escolar.
  4. Modificacíón dos estatutos da ANPA.
  5. Información sobre a situación das obras.
  6. Debate sobre o apoio á folga de deberes convocada por CEAPA.
  7. Rogos e preguntas.
Podedes consultar a acta anterior, o estado de contas e os novos estatutos con antelación nos seguintes enlaces:
Acta anterior: https://drive.google.com/file/d/0B430YjyXNyVdcHNheEVuYXRoOE0/view?usp=sharing

Estado de contas: https://drive.google.com/file/d/0B430YjyXNyVdQUpvcldzRl9laWc/view?usp=sharing

Novos estatutos: https://drive.google.com/file/d/0B430YjyXNyVdYkljWS10LVdZc1U/view?usp=sharing

Lembrade tamén que haberá servizo de gardería de 19:00h a 20:30h para todos os que o precisedes.