venres, 18 de marzo de 2016

Solicitudes para o comedor e madruga 2016-17

Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2016-17 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a SERUNION por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo galicia@serunion.elior.com.
Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

Descarga o PDF coa ficha de inscrición e condicións AQUÍ.

Modalidades de contratación dos servizos:


a. Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
b. Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
c. Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

luns, 14 de marzo de 2016

Carné de socio

Estamos a preparar un carné de socios de ANPA que sirva para identificarnos como socios e que ademais teña algunhas vantaxes, como conseguir descontos nalgúns establecementos. É por iso que vos pedimos colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse. A nosa idea é facer unha listaxe dos locais que ofrecen descontos e telo constantemente actualizado no neste blogue.

O carné entregaráselles aos nenos e nenas nun sobre pechado este venres día 18 (a repartición farana os profesores). En caso de ter irmáns o sobre daráselle só a un deles.

Tamén irá no sobre unha ficha de datos que necesitamos que nos entreguedes cuberta e asinada para poder elaborar un ficheiro de socios actualizado, tal e como nos esixe a Lei de Protección de Datos. Na mesma ficha tamén pedimos autorización para a toma de imaxes nas actividades que organice a ANPA e a súa publicación no noso blogue.

Agradecémosvos que cubrades a ficha e a depositedes na caixa de correos da ANPA, situado na entrada de infantil, e tamén que nos enviedes ao noso correo electrónico os datos dos establecementos interesados en colaborar, para poder incorporalos á listaxe: anpa.froebel@gmail.com

xoves, 10 de marzo de 2016

Inscrición en Pontenciencia

Pontenciencia é unha Feira de Ciencia para nenos que se vai celebrar en Pontevedra os días 3 e 4 de xuño deste ano 2016. Poden participar en Pontenciencia todos os nenos e nenas que estean cursando estudos de Educación Primaria nos centros públicos da cidade de Pontevedra. Hai dúas maneiras de participar en Pontenciencia:

- no cole (Ciencia no Cole) ou 
- na casa coa familia (Ciencia en Familia). 

Para participar en Pontenciencia coa familia (co pai, nai, avó, avoa, etc.), cada rapaz deberá facer unha investigación na súa casa sobre un tema elixido por el mesmo ou sobre algún dos propostos polos comités científicos, e deberá presentalo en público ao xurado o sábado 4 de xuño no segundo día de feira. A contía total de premios para as familias supera os 950€, repartidos entre o 1º, 2º e 3º premio ademáis dos 4 accésits. 
Se queredes participar coa vosa familia, poñédevos en contacto coa organización a través do teléfono 606 128 293 ou ben a través do enderezo electrónico educacion@pontevedra.eu para obter toda a información que precisedes. O prazo de preinscrición remata o próximo martes 15 de marzo. Se queres saber máis, visita a web: http://www.pontenciencia.com/ciencia-en-familia
 ou a páxina de Facebook de Pontenciencia: https://www.facebook.com/Pontenciencia-597035373695764/

xoves, 3 de marzo de 2016

Obradoiro Pontenciencia

Achegámosvos información sobre o último obradoiro para que as familias poidan participar en Pontenciencia. Terá lugar o próximo martes 8 de marzo no CEIP San Benito de Lérez ás 16.30hSe alguén está interesado e non pode asistir pode poñerse en contacto connosco e darémoslle o contacto da persoa que leva o tema.

Información actualizada sobre o proxecto: