xoves, 29 de setembro de 2016

Actualización sobre as actividades

Confirmamos as actividades extraescolares que finalmente saen, ao acadar un número suficiente de nenos e nenas para facelas. Son as seguintes:

Luns 16:30h - Jumping Clay para infantil e primaria
Luns 16:30h - Técnicas de estudo para primaria (esta actividade realizarase na academia Cegafor, non no cole)
Luns 17:30h - Expresión musical (psicomotricidade) para educación infantil
Luns 17:30h - Baloncesto para primaria

Martes 16:30h - Robótica para primaria (nenos e nenas de 3º a 6º)
Martes 17:30h - Robótica para 6º de infantil e 1º de primaria

Mércores 16:30h - Multideporte para infantil
Mércores 17:30h - Balonmán

As actividades que NON acadaron un número suficiente de nenos e nenas anotados, e que por tanto quedan canceladas, son inglés (tanto para infantil como para primaria), patinaxe, educación emocional, cociña, música, fútbol, baile e canto tradicional e plástica.

Para as actividades que se poñen en marcha hai todavía prazas dispoñibles. Se alguén quere anotarse en algunha actividade que envíe cuberta, canto antes, a ficha que atoparedes AQUÍ.

As actividades comezan o luns día 3 de outubro e haberá actividade sempre que sexa día lectivo. A entrada faise pola porta principal do cole (porta branca). O primeiro día de cada actividade a persoa encargada da mesma fará unha pequena presentación de 5 minutos para os pais e nais. 

Prégase puntualidade tanto na entrada como na recollida dos nenos e nenas, xa que os encargados de abrir a porta son os propios monitores ou profesores, polo que se alguén chega tarde non poderá entrar.

Para calquera duda ou aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do noso email anpa.froebel@gmail.com

venres, 16 de setembro de 2016

Presentación do novo curso e actividades extraescolares

A asociación de nais e pais de alumnos Pardo Bazán do CEIP Froebel davos a benvida ao novo curso escolar. Entre os nosos obxectivos están os seguintes:

  • Ser unha canle de comunicación entre a escola e as familias, resolvendo dúbidas, dando información do que acontece na escola, etc.
  • Organizar e financiar as actividades extraescolares que se desenvolven no centro.
  • A través da FANPA (Federación de asociacións de nais e pais de alumnos) organizar o servizo de comedor, controlar a calidade e atender todas as dúbidas dos usuarios.
  • Colaborar na realización e financiar as actividades organizadas polo colexio.
  • Organizar as festas de Nadal, Entroido e fin de curso.
  • Establecer contacto coas institucións para esixir o mantemento en bo estado do centro e a finalización das obras do patio e das aulas en mal estado.
  • Axudar aos alumnos e alumnas de 6º de primaria na recadación de fondos para a realización da viaxe de intercambio coa escola Cavour de Italia.

Animamos a todas as familias a facerse socias, cantos máis sexamos máis cousas conseguiremos. Se estades interesados en pertencer a ANPA cubride o FORMULARIO adxunto e facédenolo chegar. Entre o luns día 19 de setembro e o martes 27 de setembro estaremos no local da ANPA en horario de 9:05h a 9:45h. Despois desas datas estaremos no local todos os xoves lectivos, entre 9:00h e 9:30. 


Presentamos tamén o calendario de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2016-17. As actividades comezarán o día 3 de outubro e desenvolveranse nos días lectivos ata finais do mes de maio de 2017. Se estades interesados en que asistan os vosos fillos ou fillas cubride a FICHA ADXUNTA e presentádea no local da ANPA (entrada pola porta gris do comedor, rúa Alfonso XIII) dende o luns día 19 de setembro ata o martes 27 de setembro, en horario de 9:05h a 9:45h ou ben depositando a ficha na caixa de correo da ANPA situada fronte á porta da entrada de infantil.

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
JUMPING CLAY
INGLÉS
MULTIDEPORTE
INGLÉS
17:30-18:30h
EXPRESIÓN MUSICAL
(Psicomotricidade)
ROBÓTICA
(5º e 6º E.I.)

MÚSICA

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
TÉCNICAS DE ESTUDO / JUMPING CLAY
ROBÓTICA
EDUCACIÓN EMOCIONAL (2h)/
COCIÑA (1,5h)
FÚTBOL / BAILE E CANTO TRADICIONAL
17:30-18:30h
BALONCESTO
INGLÉS (1º e 2º E.P.)     / PATINAXE
BALONMÁN
INGLÉS (1º e 2º E.P.)  / PLÁSTICA

PREZOS:
Actividades de Multideporte, Patinaxe, Fútbol e Música, impartidas por Gaia: 13 € /mes
Actividade de Inglés, impartida por Lurdes Martíns (dúas horas á semana): 23 € / mes
Actividade de Expresión musical, Baile e canto tradicional e plástica, impartidas por Andrea Menéndez: 10 € / mes
Actividade de Robótica, impartida por Rockbotic: 20 € / mes
Actividade de Técnicas de estudo, impartida por Cegafor: 18 € / mes
Actividade de Jumping Clay: 16 € / mes
Actividade de Baloncesto, impartida polo Club Estudiantes Baloncesto: 8 € / mes
Actividade de Cociña, impartida por Gaia (1,5 horas): 15 € / mes
Actividade de Educación Emocional, impartida por Toño Escudero (2 horas): 18 € / mes
Actividade de Balonmán, impartida polo Club Balonmán Teucro: gratuita

Tedes máis información sobre as actividades na sección de actividades deste blog.

Todas as actividades teñen xa aplicado un desconto no seu prezo de 2€. Os non socios deberán pagar 3€ máis por cada actividade.


Na piscina de Campolongo impartiranse clases de natación dende o 3 de outubro ata o 31 de maio en días lectivos. O prezo da actividade é de 33,60€ por cuadrimestre (1º pagamento agora e 2º pagamento en febreiro). A actividade é para nenos e nenas a partir de 5º de infantil (4 anos).

Día da actividade: A elixir, ou luns, ou martes, ou mércores, ou xoves, ou venres
Horario: A elixir de 16.30 a 17.15h ou de 17.15h a 18.00h (clases de 45 minutos)

Data límite para inscribirse e realizar o pagamento: Martes 27 de setembro.

O pagamento e a inscrición realizaranse no local da ANPA dende o luns día 19 de setembro ata o martes día 27 de setembro de 09:05 a 09:45 horas.


Só se poderán inscribir nesta actividade os nenos e nenas socios da ANPA

martes, 6 de setembro de 2016

Actividades varias

Dende onte día 5 de setembro está aberto o prazo de inscrición en Deporte Escolas, programa gratuito da Deputación de Pontevedra destinado a nenos/as de 5 a 15 anos. Hai varias modalidades deportivas e podedes atopar máis información, así coma a ficha de inscrición na seguinte ligazón: http://www.depo.es/deporte-escolas

A FANPA tamén ofrece varias actividades, coma chinés mandarín, ábaco e creación tecnolóxica entre outras. A información sobre todas as actividades está recollida na seguinte web: http://www.nontedurmas.org/actividades/actividades-de-setembro-con-inscricion-aberta/

Por último, querémosvos lembrar os horarios de entrada no cole para o próximo luns día 12 de setembro:

          4º, 5º e 6º de Primaria: ás 9:30 horas.
          1º, 2º e 3º de primaria: ás 10:30 horas
          4 e 5 anos infantil: ás 12:00 horas
O novo alumnado de 3 anos terá que acudir de xeito progresivo ao periodo de adaptación.