venres, 28 de outubro de 2016

CONCURSO DE MODELAR CON PLASTILINA

Inscribimos a nosa ANPA para participar no concurso de creatividade organizado por CEAPA e Play Doh, no que os nenos e nenas terán que facer unha creación orixinal e creativa con plastilina. A temática é libre.

No noso centro o concurso terá lugar o próximo xoves 3 de novembro, de 16:30 a 17:30.
A ANPA encargarase de sacarlles fotografías a todas a creacións e envialas a CEAPA para concursar.


Hai tres categorías e cada unha delas terá un premio consistente nun lote de xogos e xoguetes Hasbro adaptados a cada idade.

Categoría A: de 3 a 6 anos (educación Infantil).
Categoría B: de 6 a 9 anos.
Categoría C: de 9 a 12 anos.

O fallo do xurado farase público na web de CEAPA (www.ceapa.es) no mes de decembro de 2016.

Podedes consultar toda a información no TRÍPTICO DE CEAPA.


martes, 25 de outubro de 2016

Convocatoria de asemblea ordinaria

Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a unha asemblea ordinaria que se celebrará o xoves día 3 de novembro de 2016, ás 18:45h en primeira convocatoria e ás 19:00h en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Aprobación de contas do curso 2015-16.
  3. Eleccións ao Consello Escolar.
  4. Modificacíón dos estatutos da ANPA.
  5. Información sobre a situación das obras.
  6. Debate sobre o apoio á folga de deberes convocada por CEAPA.
  7. Rogos e preguntas.


Haberá servizo de gardería de 19:00h a 20:30h para todos os que o precisedes.

xoves, 20 de outubro de 2016

Folgas de CEAPA

O vindeiro día 26 de outubro hai unha convocatoria de folga no ensino, se queredes máis información deixámosvos un par de enlaces: http://www.nontedurmas.org/blog/o-26-de-outubro-os-estudantes-convocan-unha-xornada-de-loita-contra-as-revalidas/

http://www.nontedurmas.org/fanpa/circular-informativa-de-confapa-galicia-sobre-a-folga-educativa-e-baleirado-de-aulas-do-26-de-outubro/

Por outra banda CEAPA convoca a todos os pais e nais a unha folga de deberes durante as fins de semana de novembro. Este tema debatirase na asemblea da ANPA que celebraremos o día 3 de novembro para ver se tomamos unha postura común. 
O vindeiro venres 28 de outubro o presidente de CEAPA ofrece unha charla-coloquio en Pontevedra sobre os deberes e o modelo escolar. Será no hotel Galicia Palace ás 19.00h. Para máis información e inscricións: http://www.nontedurmas.org/fanpa/o-presidente-de-ceapa-ofrece-unha-charla-coloquio-en-pontevedra-sobre-deberes-e-o-modelo-educativo/

Deixámosvos tamén algún outro enlace sobre o tema:

martes, 11 de outubro de 2016

Calendario definitivo de actividades extraescolares

Informámosvos de que finalmente se fixo grupo para a actividade extraescolar de patinaxe. Se alguén está interesado en inscribirse pode enviarnos un e-mail cos datos do neno ou nena. O horario é os martes de 17:30h a 18:30h.

Lembrámosvos que tamén hai prazas dispoñibles nas demais actividades extraescolares, por se alguén quere apuntarse. O calendario queda como podedes ver a continuación:



ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
JUMPING CLAY

MULTIDEPORTE

17:30-18:30h
EXPRESIÓN MUSICAL
(Psicomotricidade)
ROBÓTICA
(5º e 6º E.I.)




ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
TÉCNICAS DE ESTUDO / JUMPING CLAY
ROBÓTICA / PATINAXE




BALONMÁN

17:30-18:30h
BALONCESTO







xoves, 6 de outubro de 2016

Día Internacional do Maior

Con motivo do Día Internacional do Maior, os nenos/as de 1º de Primaria do noso cole falan dos seus avós e avoas no Diario de Pontevedra do pasado domingo día 2 de outubro.