domingo, 30 de outubro de 2022

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Todos os membros da ANPA Pardo Barzán do CEIP Froebel están convocados a unha asemblea ordinaria, que se celebrará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior.

  2. Presentación oficial da xunta directiva.

  3. Aprobación de contas curso 2021-2022.

  4. Informe do Tesorero sobre a situación económica actual. Subvencións e cotas de socios.

  5. Orzamento do exercicio 2023.

  6. Proxectos en desenvolvemento e futuros.

  7. Eleccións ao Consello Escolar.

  8. Rogos e preguntas.


Teremos servizo de gardería de 18:00 a 20:00 horas para quen o precise.


Esperamos que poidades asistir á reunión e participar así na vida do colexio.

Se aínda non te fixeches socio/a e estás interesado en asociarte aínda podes, descarga a ficha do noso blogue anpafroebel.blogspot.com.es e entrégaa na caixa de correo da anpa o enviando un mail a anpa.froebel@gmail.com, xunto co xustificante de pago da cota.


luns, 24 de outubro de 2022

XOGO DAS INVISIBLES

 


Convidamos a todos os pais e nais do CEIP Froebel, a un obradoiro en familia de igualdade, onde poderémos aprender moitas cousas xogando, obradoiro impartido por Imaxina, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 Será o mércores 2 de Novembro as 18:30 h. No CEIP Froebel.

 É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita.

            Vinde a pasalo ben a e aprender en familia, Agardamosvos a todos!!!

domingo, 23 de outubro de 2022

🎃Obradoiro da historia do samaín🎃



O vindeiro venres 28 de outubro queremos celebrar a proximidade de Samain cun obradoiro sobre a historia desta celebración en Galicia.

Será de 16:30 a 18:00 horas no colexio.

Despois contaránnos o conto “A bruxa regañadentes”. 🧙🏽‍♀️

E para que na noite de Samaín, non se nos acheguen nin bruxas, nin pantasmas, nin trasgos, nin outras criaturas máxicas construiremos un amuleto 🎖️artesanal antimeigas. Como o faremos? Empregaremos arxila, que é un elemento orgánico ideal para modelar de forma artesanal e artística, darémoslle forma e o decoraremos. Ademais, ao noso amuleto, poñerémoslle unha corda para poder levalo co
nnosco coma un colar protector, ó que lle transmitiremos maxia a través dun feitizo que pronunciaremos todas e todos. 

Para rematar teremos unha pequena merenda con chocolate. 

Recadaremos un bote de 5€ por familia socia y 8€ familia NO socia que participe na merenda.

Precisamos que confirmes a asistencia respondendo ó correo electrónico do anpa.

 Esperamos que o pasedes moi ben.

Por suposto podedes vir disfrazados!!🧛🧛‍♀️

mércores, 19 de outubro de 2022

Xa chegaron as AXENDAS!!!!

Un pouco tarde pero todos os nosos socios xa teñen as súas axendas, que chulas quedaron!!! Un deseño moi bonito grazas a Darytech