martes, 15 de outubro de 2019

Obradoiros para Samaín

Coa chegada do outono chega tamén o Samaín e este ano queremos celebralo ofrecendo tres obradoiros aos que vos podedes inscribir ata o día 24 de outubro.
Obradoiro de Jumping Clay:
Día luns 28 de outubro de 17:30 a 18:30
Prezo socios: 4€
Prezo non socios: 6€
Obradoiro decora a túa Cabaza:
Día martes 29 de outubro 16:30 a 17:30
Prezo socio: 5€
Prezo non socio: 7€
Leva a túa cabaza ou aboa 3€
Obradoiro de Cociña Creativa de Samaín:
Día mércores 30 de outubro 17:00 a 18:30
Prezo socios: 5€
Prezo non socios: 7€

Mínimo 10 alumnos en cada obradoiro.
Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:30 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 24 de outubro.


luns, 14 de outubro de 2019

Ludoteca de Igualdade

Agradanos poder dicirvos que esta ano a nosa ANPA foi beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que persegue promover a formación, sensibilizacion, información das familias e asociacions de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respetuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Grazas a todo isto o longo deste mes e de novembro temos unhas cantas sorpresas, pero polo de agora infomamosvos que o día 31 de outubro de 9.00 a 14.00 vaise realizar unha ludoteca de igualdade no centro, gratuita para os socios ata un límite de 70 prazas, iso sí por riguroso orden de inscrición. Tende en conta que o día 31 non e lectivo e non e festivo.
Agardamos que vos guste esta iniciativa.

Podedes obter a ficha de inscrición aquí.

domingo, 13 de outubro de 2019

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANPA

Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a una Asemblea Ordinaria, que se celebrará o xoves día 24 de outubro, ás 19.00 en primeira
convocatoria e ás 19.30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2. Presentación contas do curso 2018/2019.
3. Presentación actividades curso 2019/2020
4. Presentación orzamento para o curso 2019/2020
5. Aprobación se procede da xestión por parte da Anpa da actividade de piscina
só para socios da mesma.
6. Aprobación se procede de ofertar un seguro escolar.
7. Aprobación das formas de axudar os nenos/as de 6o para o intercambio con
Italia.
8. Rogos e Preguntas
Haberá servizo de gardería de 19:00h a 20:00h para quen o precise.
Recollida de artigos domésticos
Este ano dende a Anpa Pardo Bazán queremos conmemorar o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que é o 17 de outubro, e ensinarlles os nosos fillos e fillas que hai outra xente que non ten tanta sorte coma eles, polo que vos pedimos que fagades un pouco de limpeza na casa e levedes ao colexio todo aquilo que xa non usades para nada: roupa, libros, bolsos, cadros, cadeiras de bebés, calquera cousa que se vos ocorra.
 
Todo o entregado será doado á Asociación Boa Vida Inclusión Activa, asociación que loita contra a pobreza e a exclusión social e que traballa para diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo. Invitámosvos a coñecelos a través do seu blog http://boavidainclusionactiva.blogspot.com/ ou a visitar o seu facebook @asociacionboavidainclusionactiva.
 
A recollida será ata o 31 de outubro.
O que mais se precisa é calzado e roupa de home