Amosando publicacións coa etiqueta Xunta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xunta. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de novembro de 2019

RASTREXO POLA IGUALDADE



O día 23 de novembro co motivo do día da violencia de xénero a ANPA do CEIP Froebel vai a celebrar o I Rastrexo infantil do noso CEIP.

Este, vai dirixido a nen@s  de 1º a 6º de primaria de todos os colexios de Pontevedra, os cales terán que realizar unha serie de probas puntuables en distintas prazas de Pontevedra. 

Na metade do percorrido teremos avituallamento para tod@s os participantes ademais de sorpresas e premios para os 3 primeiros clasificados.  

Imprescindible:
  •  Cámara de fotos ou móbil.
  •  Chaleco reflector para un dos adultos.
A inscrición será por equipos cun mínimo de 6 e un máximo de 10 membros, dos cales 2 deberán ser adultos. O prezo da inscrición será de 6€ por equipo, cun límite de 50 equipos. 

¿ Como realizar a inscrición?
  1. Enchemos o Formulario de inscrición e pulsamos en enviar. (Pre-Inscrición). 
  2. Descargamos os documentos de protección de datos para os adultos  e para os nenos, enchémolo e asinamos. 
  3. Realizamos o pago da cantidade correcta na conta da ANPA ES13 2085 8377 1503 3011 0740, poñendo  como concepto o nome do equipo participante..
  4. Enviamos mail a anpa.froebel@gmail.com achegando o documento de protección de datos e o xustificante de pago  
  5. Recibiremos un mail de confirmación unha vez comprobado todos os documentos.
O proceso de inscrición pecharase o día 20 de Novembro ás 24:00.

CHARLAS DE IGUALDADE

  

 Convidámosvos a asistir as charlas de igualdade que se impartiran o luns 11 de novembro e o mércores 13 de novembro de 18:30 a 20:00, no CEIP Froebel, haberá servizo de gardería.
    Os temas a tratar serán o uso crítico das novas tecnoloxías, os roles de xénero, a hipersexualización e a prevención das conductas violentas.
Inscrición no mail anpa.froebel@gmail.com ou no buzón de correo que hai na entrada de infantil.
Agardamosvos a tod@s.

FOTOS LUDOTECA IGUALDADE













luns, 14 de outubro de 2019

Ludoteca de Igualdade

Agradanos poder dicirvos que esta ano a nosa ANPA foi beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que persegue promover a formación, sensibilizacion, información das familias e asociacions de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respetuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Grazas a todo isto o longo deste mes e de novembro temos unhas cantas sorpresas, pero polo de agora infomamosvos que o día 31 de outubro de 9.00 a 14.00 vaise realizar unha ludoteca de igualdade no centro, gratuita para os socios ata un límite de 70 prazas, iso sí por riguroso orden de inscrición. Tende en conta que o día 31 non e lectivo e non e festivo.
Agardamos que vos guste esta iniciativa.

Podedes obter a ficha de inscrición aquí.

martes, 23 de maio de 2017

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público.
As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
A información completa pódese atopar na WEB DA XUNTA.

mércores, 25 de maio de 2016

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

DOG núm. 92, do 16 de maio de 2016

Sempre e cando reúnan os requisitos establecidos nesta orde, poden solicitar axudas para adquirir libros de texto os alumnos matriculados en 1º e 2º de Primaria e poden participar no fondo solidario de libros de texto os alumnos de 3º e 4º de Primaria. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso centro están incluídos no proxecto EDIXGAL, polo que non precisan participar do fondo solidario.

As axudas para adquirir material escolar van dirixidas a todo o alumnado de Primaria que reúna os requisitos.