Xa podedes ver os vídeos e fotos que nos están enviando os nenos e nenas para o concurso, só tedes que picar na seguinte imaxe:
martes, 28 de abril de 2020
sábado, 25 de abril de 2020
TODOS XUNTOS PODEMOS !!!!
Aquí esta a sorpresiña que vos tiñamos preparada dende o CEIP Froebel e a ANPA Pardo Bazán, agardamos que vos guste.
venres, 17 de abril de 2020
SORTEO #FROEBELNACASA
#FROEBELNACASA é un sorteo para premiar as nenas e nenos que o estan a facer moi ben, e unha forma de estar todos conectado, e por outro lado unha forma de axudar as empresas que sempre nos axudan a nos.
Así que animadevos todas e todos a participar que hai moitos premios, en total 48.
E por suposto seguide así #Froebelnacasa.
As nenas e nenos que queiran participar deberán enviar a anpa.froebel@gmail.com, unha fotografía, video, debuxo, do que as nenas e nenos queiran, un baile, unha manualidade, unha receita de cociña, un experimento e se queren compartir a explicación tamén. O material presentado será publicado na paxina de facebook e no blog da Anpa Pardo Bazán. Só se terá en conta unha participación por nena ou neno.
Poderasé participar dende hoxe ata o 31 de maio de 2020 ás 00.00 h.
mércores, 15 de abril de 2020
Todo vai sair ben
Nestes momentos tan tristes e complicados nos que nos atopamos, dende a Xunta Directiva da Anpa Pardo Bazán gustaríanos explicarvos como imos afrontar a situación en canto as actividades extraescolares:
- As clases pendendes do mes de marzo intentaranse recuperar no mes de xuño. Por suposto a partir de abril non se vai emitir ningún recibo.
- En canto a actividade de piscina estamos a esperar información posto que é un caso excepcional e teñen que estudar aínda como se pode solucionar.
Tamén gustaríanos comentar que tiñamos unhas cantas actividades organizadas para os meses de abril e maio, como un Obradoiro de bicicletas en familia, un Obradoiro de nutrición en familia, Obradoiro de Xabóns e de Jumping Clay, un Obradoiro de Bullying, unha ruta de sendeirismo, un obradoiro para o día das letras galegas, e outro para conmemorar o día da danza, máis unha charla sobre TDAH, loxicamente vémonos na obriga de cancelalo todo. Agardamos poder realizalo igual aínda que sexa no vindeiro curso.
Agardamos a vosa comprensión, e por suposto agardamos que todas e todos esteades ben.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)