sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL NO FROEBEL


https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-navidad-froebel.html

Así foi o nadal no CEIP Froebel, tivemos o venres pola mañá a visita dos Reis Magos, o xoves de maña contos por parte das mamas e papas lectoress e o venres de tarde, festa coa visita de papa noél, karaoke, xogos e sorteo de dúas cestas de nadal patrocinado por as empresas colaboradoras:


Podedes ver as imaxes facendo click na foto
Xa podedes ver como transcorreron os obradoiros de nadal.

martes, 10 de decembro de 2019

UNHA VIAXE POLO NADAL




Queredes vir a pasalo ben, pois animádevos a participar en “Unha viaxe polo Nadal”, onde faremos xogos, obradoiros, pintaremos e habera agasallos e sorpresas para todos, e coñeceremos un pouco outras culturas e outras formas de festexar o nadal. 
Data: xoves 19 de decembro 
Hora: 16:30 a 18:30 
Prezo socios: 5€ 
Prezo non socios: 10 € 

Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:15 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 18 de decembro. 
E se non vos podedes pasar enviádenos un mail a anpa.froebel@gmail.com 
Nota: Recomendamos que traian roupa vella e un tupper.



Recollida de xoguetes e alimentos non perecedeiros e de nadal

Coa chegada do Nadal sabedes que na Anpa Pardo Bazán facémonos moi solidarios e este ano queremos facer unha gran recollida de xoguetes (libros, puzzles, pelotas, monecos, complementos, coches…) para donalos á Asociación Boa Vida; pero xa sabédes que nestas datas tamén colaboramos con Cáritas para a recollida de alimentos non perecedeiros (leite,harina, arroz, pasta, garbanzos, latas de conservas, etc) e típicos do Nadal (turrón, polvoróns, hojaldrados, etc).

Tendes dende xa e ata o 16 de decembro para entregalos no cole. E coma sempre se no horario de entrada o cole non podedes falade con nos e intentamos quedar a outra hora.
 

Un saúdo e grazas a todos.


domingo, 1 de decembro de 2019

IMAXES RASTREXO IGUALDADE

Desde a nosa galería de fotos podedes ver o ben que o pasaron todos os participantes e voluntarios. Agradecer a estes últimos a súa colaboración.  

https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-rastrexo-igualdade-2019.html


Moitas grazas a todos!!!!!