luns, 25 de maio de 2026

🎨 Participa no Concurso da Axenda Escolar 2026-27!

Dende a ANPA queremos animar a todos os nenos e nenas de Primaria a participar no novo Concurso da Axenda Escolar 2026-27. 🖍️📚

É unha oportunidade fantástica para deixar voar a imaxinación e converter o seu debuxo na portada da axenda do próximo curso.

✨ Queremos ver toda a vosa creatividade, ideas e ilusión!

Poden participar todos os cursos de Primaria e haberá agasallos para os mellores traballos.

Animádevos a participar e… moita sorte artistas! 🎨💫



BASES:

Dirixido a todos os cursos de Primaria

Temática: IGUALDADE E LOITA FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Tamaño do debuxo A4 Vertical.

Deberá incluir as palabras “Axenda 2026-2027 “ , “Polo camino da igualdade” e "CEIP Froebel"

Prazos de presentación: do 1 o 14 de xuño ao mail do anpa co nome e curso do neno.

O xurado esta vez seran a Asociación Boa Vida y Arela.

Haberá agasallos para os mellores debuxos que se entregaran no festival do cole o día 19
de xuño.

Asemblea Xeral Extraordinaria

Convocamos unha asemblea xeral extraordinaria para o próximo mércores 10 de xuño, ás 18:00 h (primeira convocatoria) e ás 18:15 h (segunda convocatoria), no colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Actualización das obras de acondicionamento para illar acústicamente o comedor.
  2. Votación para a renovación da Xunta Directiva.
  3. Outros asuntos.

Habrá servizo de gardaría de 18:00 a 20:00 para quen o precise.

As candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva deberán enviarse a este correo electrónico (anpa.froebel@gmail.com) antes do 10 de xuño (pola mañá).

Envíamovos os estatutos da asociación por se desexades revisalos. Aquí tedes as instrucións establecidas para a elección da nova XD:


As normas para a elección da Xunta Directiva están reguladas específicamente no Artigo 13º (apartados 3 e 4).


Requisitos xerais e presentación de candidaturas

  • Candidaturas pechadas: A elección da Xunta Directiva farase pola Asemblea Xeral entre as candidaturas pechadas que cumpran os requisitos esixibles en tempo e forma.

  • Prazo de presentación: As candidaturas á Xunta Directiva presentaranse por escrito dirixido ao Secretario da Asociación dende a data da convocatoria da Asemblea Extraordinaria e ata o día e hora das votacións.

  • Duración do cargo: Os seus cargos terán unha duración de tres anos, e poderán ser reelixidos. Os cargos serán desempeñados de forma gratuíta e os elixidos deberán carecer de interese económico na actividade da asociación.


Procedemento de elección (Artigo 13º.3)

O proceso de votación e escrutinio desenvólvese a través dos seguintes pasos establecidos nos estatutos:

a) presentación de candidaturas ata o momento da Asemblea na que se farán as votacións para a elección.

b) cada candidatura disporá dun máximo de 10 minutos para a súa presentación aos asociados, decidindo a orde de intervencións nun sorteo previo.

c) as votacións faranse polo procedemento de voto secreto en urna.

d) cada socio con dereito a voto, previa presentación da súa identificación, depositará o seu voto na urna elixindo unha das candidaturas.

e) o Secretario, en presencia dos candidatos e todos os socios que o desexen, fará o reconto de votos unha vez finalizada a votación. No caso de empate a votos, procederase a unha segunda rolda de votacións para decidir só entre as candidaturas empatadas con maior número de votos.

f) proclamarase vencedora a lista máis votada; e, por conseguinte, quedarán investidos todos os seus membros como nova Xunta Directiva.


Casos especiais (ausencia de candidaturas ou vacantes)

  • Falta de candidaturas: De non terse presentado ningunha candidatura ata o momento do comezo da sesión de votacións, a Asemblea Xeral poderá nomear un Presidente que quedará facultado para elixir o resto de cargos entre os socios.

  • Cobertura de vacantes interinas: As vacantes que se puideran producir durante o mandato serán cubertas provisionalmente por un dos vocais ata a celebración da seguinte Asemblea Xeral, onde se poderá incluír un novo membro (sempre que sexa ratificado pola Asemblea) polo tempo que reste de mandato.


Composición mínima:
En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de Presidente, Secretario e Tesoureiro.