sábado, 19 de decembro de 2015

Fotos da visita do Apalpador


Como xa saberedes, o Apalpador estivo no colexio onte venres 18 de decembro, visitando todas as clases. Pasárono moi ben, como podedes ver nestas FOTOS.


venres, 18 de decembro de 2015

Bo Nadal

Hoxe o colexio recibiu a visita do Apalpador. Estade atentos a esta páxina para ver fotos do seu percorrido polas distintas clases.

                        

luns, 14 de decembro de 2015

Recollida de alimentos

A comunidade escolar do CEIP Froebel vai participar, un ano máis, na campaña de recollida de alimentos organizada por Cáritas, co obxectivo de repartilos entre a xente máis necesitada.

A recollida farase os días mércores 16 e xoves 17 de decembro. Eses días os nenos e nenas poden levar á escola alimentos non parecedoiros (aceite, conservas, legumes, pasta, azucre...) e tamén doces de Nadal coma turrón, polvoróns, etc., que se recollerán nas entradas ao colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Cancelación da festa de Nadal

Lamentamos comunicarvos que a festa de Nadal, que ían organizar os alumnos de 6º, tivo que ser cancelada, posto que as urnas, mesas e cabinas para as eleccións do domingo día 21 de decembro xa quedan montadas o venres ao mediodía e despois non se pode entrar no centro. 

O adianto de data non é posible posto que as familias organizadoras non poden outro día.

Agradecemos a vosa colaboración e xenerosidade na achega de libros. Esperamos poder celebrar a festa pasado o Nadal ou ben en Entroido.

domingo, 13 de decembro de 2015

Programa (en)volve

Desde o concello envíannos esta gran iniciativa para que a difundamos:

A Oficina Municipal de Voluntariado (Oficina VOU) comeza co programa (en)volve, coa fin de facer que todos os nenos e nenas teñan este Nadal o agasallo que piden na súa carta aos Reis Magos.

Podedes descargar AQUÍ a ficha para facerse cómplice personalmente e tamén vos deixamos a URL do formulario online.

https://docs.google.com/forms/d/1NqHxNEpo-0n8mSAGfnkCNMCmy9eXtqZtoJkP8AW_Dh0/viewform?c=0&w=1

Existe un facebook do programa, chamado EnVolve Casazul no que se irán poñendo todas as novidades.

Este ano non se recollerán xoguetes usados.

venres, 11 de decembro de 2015

Titiricircus con Tanxerina Teatro

A FANPA organiza unha representación para todas as familias no Teatro Principal de Pontevedra o día 23 de decembro do 2015.

Apertura de portas ás 17.30 h e representación ás 18.00 h

Entrada de balde ata completar aforo

mércores, 9 de decembro de 2015

Actividade de baloncesto

Informámosvos que a actividade de baloncesto organizada polo Club baloncesto Estudiantes (para nenos e nenas de 6 a 12 anos) finalmente vai comezar en xaneiro e será os martes de 17:30h a 18:30h, cun prezo de 10 € ao mes. 

Ademáis unha vez ao mes haberá unha xornada de xogos e competición con outros colexios. Se estás interesado en participar e aínda non te inscribiches podes facelo cubrindo a FICHA ADXUNTA e entregándoa na caixa de correos da ANPA (fronte á porta de infantil) ou envíandoa por e-mail a anpa.froebel@gmail.com , antes do día 18 de decembro.

xoves, 3 de decembro de 2015

Xornada de portas abertas. Bombeiros de Pontevedra

Adxuntamos cartel da xornada de portas abertas no Parque de Bombeiros de Pontevedra o 27 de decembro. É unha xornada moi interesante para os nenos/as, na que lles explican en que consiste o traballo dos bombeiros.



mércores, 2 de decembro de 2015

Ludoteca de Nadal no CEIP Froebel

Un Nadal con tradición


Esta ludoteca terá lugar do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, de 9:00h a 14:00h, co seguinte programa:

- Elaboración de xogos e xoguetes 
- Obradoiro de agasallos artesanais
- Actividades deportivas
- Os xogos das nosas avoas
- Decoración do ramo e outras tradicións do Nadal galego
- Realización dunha curtametraxe (Conto de Nadal)
- O Pandingueiro invisible (Cheirabarrigas)
- Cantos de Reis
- Bailes de Reis. Danzas das fitas e os arcos
- Saídas

As prazas son limitadas.

As inscricións realizaranse depositando a FICHA DE INSCRICIÓN na caixa de correo da ANPA ou ben enviándoa por e-mail a anpa.froebel@gmail.com. Tamén se pode entregar en persoa os xoves, no local da ANPA, entre as 9.00h e as 9.30h.

Prezo: 50€ socios/as da ANPA.
           70€ non socios/as

Documentación: fotocopia do DNI do/a neno/a ou do libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria.

Ademáis, a empresa organizadora infórmanos que, para quen o solicite, ofrece o servizo de entrada media hora antes (é dicir as 8:30h) e de saída media hora despois (ás 14:30h). A quen lle interese que o anote na ficha de inscrición ou ben que nos envíe un correo electrónico. Este servizo ten un custo de 5 euros se se adianta a hora de entrada, e de 5 euros se se atrasa a hora de saída (10 euros as dúas opcións) a maiores do prezo da ludoteca.