Amosando publicacións coa etiqueta concello. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concello. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de febreiro de 2018

Entrega de premios

Como xa saberedes,  o xoves día 21 de decembro recibimos a visita dos Reis Magos. Os/as nenos/as entregáronlles unha carta "solidaria" na que pedían desexos para os demais. 

Un grupo de profes seleccionou a mellor carta de cada clase e hoxe tivo lugar a entrega de premios.

Os premios consistiron en 2 libros para cada neno/a gañador/a. Estes libros foron doados pola Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.





A lista de premiados é a seguinte:


  • INFANTIL 3 anos: Sabela Teijido Morel
  • INFANTIL 4 anos: Alicia Castillo Corres
  • INFANTIL 5 anos: Sabela Selaya Arán

Sabela Selaya Arán
Alicia Castillo Cores
Sabela Teijido Morel
  • 1ºA: Rubén Graña Araújo
  • 1ºB: Lola Saavedra Fell
  • 2º: Antón García Fernández
  • 3ºA: Micaela da Lima Núñez
  • 3ºB: Eduardo de Medrano Barreiro
  • 4º: Sofía Villanustre Orozco
  • 5ºA: Lía Illán Rodríguez
  • 5ºB: Lucas Vázquez Romero
  • 6º: Irene Rodríguez Vence


Este é o segundo ano que se celebra este concurso, nunha colaboración entre o cole e o grupo de nais e pais lectores que participan nas lecturas no colexio.
As lecturas no colexio consisten en que nais e pais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolo nós, así como o curso ao que queremos ir ler, incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.

luns, 11 de xullo de 2016

Axudas de emerxencia para material escolar de infantil

A Concellaría de Benestar Social Municipal abriu este mes de xullo as axudas de emerxencia social para equipamento escolar do curso 2016/17 para os escolares que cursan Educación Infantil. Podedes consultar toda a información aquí: 

http://www.pontevedra.gal/2016/07/11/aberto-o-prazo-para-solicitar-axudas-de-emerxencia-para-material-escolar-de-infa
ntil-ate-novembro/

domingo, 13 de decembro de 2015

Programa (en)volve

Desde o concello envíannos esta gran iniciativa para que a difundamos:

A Oficina Municipal de Voluntariado (Oficina VOU) comeza co programa (en)volve, coa fin de facer que todos os nenos e nenas teñan este Nadal o agasallo que piden na súa carta aos Reis Magos.

Podedes descargar AQUÍ a ficha para facerse cómplice personalmente e tamén vos deixamos a URL do formulario online.

https://docs.google.com/forms/d/1NqHxNEpo-0n8mSAGfnkCNMCmy9eXtqZtoJkP8AW_Dh0/viewform?c=0&w=1

Existe un facebook do programa, chamado EnVolve Casazul no que se irán poñendo todas as novidades.

Este ano non se recollerán xoguetes usados.

xoves, 12 de novembro de 2015

Voluntarios para o Camiño Escolar

O Concello de Pontevedra, despois de poñer en marcha o Camiño Escolar Seguro, solicita voluntarios e voluntarias para axudar a cruzar aos nenos e nenas nos pasos de peóns durante as horas de entrada e saída do colexio. A idea inicial de facer a cidade máis segura para os nenos e nenas contemplaba a idea do voluntariado nas rúas, con habitantes da contorna escolar, e é un tema que desexan retomar para que realmente exista unha verdadeira conexión entre os habitantes do barrio.

Por iso búscanse persoas voluntarias para estar, entre as 8:40h e as 9:10h da mañá e entre as 13:50 e as 14:20h da tarde, nos pasos de peóns, axudando aos nenos e nenas no que poidan necesitar.

Se estás interesado ou coñeces a alguén que o estea (vale calquera adulto de calquera idade), por favor ponte en contacto coa ANPA. Podes cubrir cos teus datos a seguinte FICHA e entregala na caixa de correos da ANPA antes do día 30 de novembro para que o Concello poida poñerse en contacto contigo. 

luns, 19 de outubro de 2015

Camiño escolar

O Concello de Pontevedra organiza unha reunión informativa sobre o Camiño escolar, na que se poderán presentar propostas de mellora e suxestións sobre o funcionamento. Esta reunión terá lugar o mércores 21 de outubro ás 16:30 horas no  CEP Campolongo.

Tamén podedes atopar información sobre o Camiño escolar nesta web: http://www.pontevedra.eu/movete/camino-escolar/presentacion