luns, 29 de maio de 2017

Gañadores do concurso de creatividade

Xa se coñecen os gañadores do concurso de creatividade organizado por CEAPA en colaboración con Playdoh e no que participaron nenos e nenas do noso cole. Desta vez non houbo sorte!
Podedes consultar os gañadores no seguinte enlace:
https://www.ceapa.es/content/fallo-del-jurado-premios-del-concurso-de-creatividad-dirigido-niñosas-y-adolescentes-de


martes, 23 de maio de 2017

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público.
As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
A información completa pódese atopar na WEB DA XUNTA.

luns, 1 de maio de 2017

Gran éxito no concurso de Maios

O noso cole foi o gañador do concurso de Maios celebrado hoxe día 1!

Grazas a todas as familias que fixeron isto posible coa súa colaboración. 

Podedes consultar a listaxe completa de premios no seguinte enlace:
http://pontevedraviva.com/cultura/36321/concurso-maios-pontevedra-froebel-2017/

E as fotos, AQUÍ.