venres, 10 de maio de 2024

Ludo Froebel - 20 Maio

O próximo día 20 de Maio, é non lectivo e por tanto os nenos non terán clase. Por iso, para que os papás poidan conciliar, o Anpa decidiu ofertar unha ludoteca gratuíta para os socios e cun custo de 10€ para os non socios.

A inscrición será por orde de chegada das solicitudes, que se realizarán a través do mail de anpa, ata completar as praza tendo en conta que terán preferencia os socios.