luns, 26 de outubro de 2026

Festa Samaín

 


O próximo venres 30 de outubro celebraremos a fiesta de Samaín no CEIP Froebel. Estaremos de 17h a 20h pasándoo aterradoramente xenial con música, merenda, sorteos... e un concurso de disfraces.

Os nenos que queiran participar no concurso teñen que apuntarse durante a festa na mesa que haberá na entrada; daráselles un dorsal e ás 18:30h desfilarán polo escenario. ¡Animade ós vosos fillos a participar! Haberá tres premios:
DISFRAZ MÁS ATERRADOR
DISFRAZ MÁIS ORIXINAL
MELLOR INTERPRETACIÓN

Como é costume, ao entrar na festa poderedes facer unha doazón voluntaria de 3 euros por familia.  Darásevos unha papeleta coa que participaredes no sorteo de varios premios durante a festa. 

Agardamos vervos na festa, pois será unha nova oportunidade para compartir tempo de lecer entre as familias que formamos o CEIP Froebel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario