sábado, 29 de febreiro de 2020

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Dende a Anpa Pardo Bazán, con Imaxina organizamos un CONTACONTOS + OBRADOIRO POLA IGUALDADE. Formando parte dunha das Actividades Subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
 
Data: Xoves 12 de marzo as 16:30 a 18:00.  
Prezo de balde.  
Para nenas e nenas de 3 a 9 anos.  


CHARLA PERIGOS DE INTERNET

Dende a Anpa Pardo Bazán, con Concienciatec organizamos unha charla, sobre o uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías, “PERIGOS EN INTERNET”, coñece e identifica os principais perigos en Internet (stalking, grooming, sexting, contido non adecuado…). Formando parte dunha das Actividades Subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
   
Data: Venres 13 de marzo as 16:30. 
Prezo de balde. 
Con servizo de gardería  
 


domingo, 23 de febreiro de 2020

Imaxes Festa de Entroido

Que ben o pasamos na festa de entroido, bailamos, cantamos, xogamos e degustamos unha merenda moi boa dos nosos colaboradores.


Grazas a todos por vir e por colaborar!!!

domingo, 16 de febreiro de 2020

Festa de entroido 2020

Non vos podedes perder a nosa festa de entroido, teremos música, xogos, karaoke, zona infantil, ademais dun concurso de disfraces ao que vos animamos a participar para iso só tedes que vir disfrazados. 
Esperámosvos o venres 21 de Febreiro no CEIP Froebel a partir das 17:00. Imos pasalo moi ben.

E cada neno co donativo da entrada terá dereito a unha rica merenda grazas aos nosos colaboradores.

Os papas tamén poderán degustar algo doce. 




xoves, 13 de febreiro de 2020

Imaxes obradoiros

Desde a nosa galería de imaxes podedes ver como se desenvolveu o taller de ciencia e o de ferramentas de supervisión parental



martes, 11 de febreiro de 2020

Concurso "Concepción Arenal"




A Anpa Pardo Bazán, con motivo da conmemoración do día 8 de marzo: Día Internacional da muller, convoca o I Concurso CONCEPCIÓN ARENAL de “Frases e debuxos pola Igualdade”. O obxectivo deste é o de fomentar a creatividade e a imaxinación, á vez que se incrementa a concienciación e sensibilidade de alumnado  ante as desigualdades na sociedade, fomentando á súa vez o uso do galego.

O prazo de presentación das frases e os debuxos comezará o día seguinte a publicación no blog e rematará o día 29 de febreiro ás 00.00 h. O recoñecemento-premio das persoas gañadoras será a publicación da frase ou debuxo na axenda escolar do próximo curso, ademais dun obsequio simbólico.

Bases concurso
Inscricion

venres, 7 de febreiro de 2020

O Tesouro de Benito Soto


Temos nova actividade, queremos que os nenos e nenas coñezan un pouco a un personaxe de Pontevedra, o famoso pirata Benito Soto, e o mellor momento para iso é o Entroido, teremos unha Búsqueda do Tesouro, Obradoiros, Pintacaras, Globoflexia, Xogos, pasaremolo moi ben sendo piratas por un día.

Data: Xoves 20 de febreiro de 2020
Horario: 16:30 a 18:30
Prezo para socios: 6
Prezo non socios: 12
                                    
Merenda incluída (se ten algunha alerxia ou intolerancia avisade)
Número mínimo de nen@s 10.

Horario no local da anpa:  luns a venres de 9:05 a 9:15, se nese horario non podedes mandade un mail a anpa.froebel@gmail.com ou chamádenos. 

Ficha de inscricion

luns, 3 de febreiro de 2020

Ludoteca do Entroido

Como xa sabedes todos, os días 24 e 25 de Febreiro, é o entroido, e durante estes días non haberá clase por iso desde o ANPA do CEIP FROEBEL organizamos a "Ludoteca do Entroido FROEBEL" no propio centro.
Horario : 09:00 a 14:00 
Data : 24 e 25 de Febreiro (Tamén é posible anotalos un único día) 
Idades : de 3 a 12 años 
Tarifas: Socios da ANPA: 10€ // Non socios da ANPA: 24€







Para formailizar a inscrición é obrigatorio enviar esta ficha debidamente cumprimentada a Imaxina o whastsapp do 644 731 093 ou a info@imaxina.net ata o luns 17 de febrero por riguroso orde de inscrición ou ata cubrir prazas.