A Anpa Pardo Bazán, con motivo da conmemoración do día 8 de marzo: Día Internacional da muller, convoca o I Concurso CONCEPCIÓN ARENAL de “Frases e debuxos pola Igualdade”. O obxectivo deste é o de fomentar a creatividade e a imaxinación, á vez que se incrementa a concienciación e sensibilidade de alumnado ante as desigualdades na sociedade, fomentando á súa vez o uso do galego.
O prazo de presentación das frases e os debuxos comezará o día seguinte a publicación no blog e rematará o día 29 de febreiro ás 00.00 h. O recoñecemento-premio das persoas gañadoras será a publicación da frase ou debuxo na axenda escolar do próximo curso, ademais dun obsequio simbólico.
Bases concurso
|
Inscricion |
Ningún comentario:
Publicar un comentario