sábado, 14 de xaneiro de 2017
Contacontos de Nadal
AQUÍ están as fotos das lecturas de contos de Nadal que fixemos o día 20 de decembro.
Aproveitamos para ir adiantando que en breve volveremos poñer en marcha a experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai varios anos. As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo normalmente un venres, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.
Aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos. Se nunca o probastes, animádevos este ano e seguro que non vos arrepentides! Nuns días farémosvos chegar máis información.
Fotos da visita do Apalpador
Como xa vos comentamos, o día 21 de decembro o cole celebrou o Día de Minnesota. Esta festa, organizada polos profes de inglés, vense celebrando nos últimos anos para dar a coñecer o lugar de orixe dos distintos lectores de inglés que temos cada ano no centro. E como tamén xa é tradición, a ANPA aportou uns hotdogs e pipocas de millo, que este ano repartiu o Apalpador. Podedes ver as fotos AQUÍ
xoves, 12 de xaneiro de 2017
Fotos da visita dos Reis Magos
Xa podedes ver as fotos da visita que fixeron os Reis Magos ao cole o pasado día 19 de decembro.
Clica AQUÍ
Clica AQUÍ
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)