Un ano máis, dende a Anpa Pardo Bazán do CEIP Froebel, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar, especialmente a todas aquelas familias que vos incorporades ao noso centro por primeira vez; aquí estamos para axudarvos en todo o que poidamos.
Remitimos a información necesaria para que vos fagades socios da ANPA, porque cantos máis somos, máis cousas podemos conseguir. E por suposto, se alguén está interesado en traballar de forma activa coa ANPA, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.
Facemos moitas cousas; vos deixamos un breve resumo:
● Colaboramos co equipo educativo.
● Xestionamos as actividades extraescolares.
● Controlamos que o Plan Madruga e o comedor funcionen axeitadamene.
● Atendemos a consultas, queixas ou suxerencias das familias a través do mail:
anpa.froebel@gmail.com
● Proporcionamos información as familias a través do noso blog, redes sociais e taboeiro.
● Xestionamos as axendas escolares.
● Organizamos charlas e obradoiros tanto para os rapaces como para as familias.
Para facervos socios podedes cubrir o formulario de inscripción de forma online ou en papel:
ONLINE: Entra no blog da ANPA https://anpafroebel.blogspot.com/, no apartado “Faite socio” encontrarás o enlace do formulario, no que poderás tamén adxuntar o xustificante de pago.
PAPEL: Podes cubrir o formulario de inscrición que enviamos e xunto co xustificante de pago da transferencia bancaria, deixalo na caixa de correo da ANPA (fronte a porta de infantil) ou remitirlo por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com.
Lembramos que, tal como foi acordado na anterior asamblea da ANPA, a cota anual por familia pasa a ser de 25€.
Estaremos no local da ANPA do luns 14 o venres 18 de setembro en horario de 09:00h a 09:30h da mañá, e o martes 15 e o xoves 17 de 17:30h a 18.00h. Se precisas pasar en outro horario, contacta con nós.
As axendas de Primaria seguirán sendo gratuítas para os socios da ANPA, e para os non socios terán un custo de 5€. Ademais, os socios de infantil non teñen que traer o paquete de folios de material que lle solicite o centro, xa que a ANPA xa o entrega nas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario