martes, 23 de febreiro de 2016

Pontenciencia 2016

Xa están en marcha os obradoiros de Pontenciencia 2016
​É o mércores 24 as 19:00h na sede da FANPA. 
Se alguén está interesado e non pode asistir pode poñerse en contacto connosco e darémoslle o contacto da persoa que leva o tema.

Información actualizada sobre o proxecto:



martes, 16 de febreiro de 2016

Conta Comigo 2016

Conta Comigo é un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Podedes consultar aquí a PROGRAMACIÓN e a 
FICHA DE INSCRICIÓN ou tamén vos podedes informar directamente na páxina web da FANPA www. nontedurmas.org

O remate do prazo de inscrición ampliouse do 19 de febreiro ao 23 de febreiro.

venres, 12 de febreiro de 2016

Ohio Day e festa de Entroido

O pasado venres día 5 de febreiro pola mañá o colexio celebrou o “Ohio Day”, onde se repartiron a todos os nenos e nenas uns “perritos calientes” donados pola ANPA.

 

xoves, 4 de febreiro de 2016

Exposición sobre a celiaquía

Como xa saberedes, o pasado martes día 2 de febreiro a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) trouxo ao noso colexio a exposición Outra vaca no millo, sobre a celiaquía.

Podedes ver AQUÍ algunhas fotos desta actividade.