Datas a ter en conta:
- Publicación das LISTAXES PROVISIONAIS........................... 1 de xullo de 2016
- RECLAMACIÓN sobre as listaxes provisionais .......................... os 2 días seguintes á publicación das listaxes.
- Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS ............................... 6 de xullo de 2016
- ENTREGA DE VALES ............................................................ 8 e 12 de xullo de 2016
- ENTREGA DE LIBROS aos alumnos de 3º e 4º ......................... 13 de xullo de 2016
xoves, 30 de xuño de 2016
martes, 28 de xuño de 2016
Actividades extraescolares
Xa está actualizada a páxina de Actividades Extraescolares coa información sobre as actividades que se van ofrecer para o próximo curso 2016-17. Tendes horarios, prezos e máis información adicional proporcionada por algunha das empresas o día da reunión informativa. Podedes consultar todo isto en http://anpafroebel.blogspot.com.es/p/blog-page.html
sábado, 18 de xuño de 2016
FESTA FIN DE CURSO
O próximo mércores 22 de xuño estades todos convidados á festa de fin de curso que organiza a ANPA. Esta festa celebrarase no cole en horario de 17:00h a 20:00h.
Teremos obradoiros de maquillaxe e globoflexia e monitoras de animación musical. Ademáis, como novidade este ano haberá uns xogos populares de madeira, cedidos para a ocasión por Cándido Mascato, da Concellería de Xuventude do Concello de O Grove.
E como sorpresa, daremos xeados de balde a todos os nenos e nenas asistentes. Este ano participamos nunha promoción de Frigo e conseguimos xeados Max Duo, de chocolate e vainilla (sen glute).
A festa é para todos os nenos e nenas do cole (socios ou non socios da ANPA), aínda que ás familias non socias pedirémosvos un donativo (se podedes), xa que o custo da fe desta o asumen as familias socias.
Os nenos que acudan sós á festa non poderán abandonala sen autorización por escrito e asinada polos seus pais ou titores.

venres, 10 de xuño de 2016
Actividades extraescolares curso 2016-17
Presentamos
o calendario de actividades extraescolares para o vindeiro curso
2016-17. O mércores 15
de xuño, ás 19:00h,
faremos unha reunión
informativa
sobre o contido das actividades, á que asistirán as empresas que as
van impartir, para expoñer o seu programa. Agradecemos que
asistades, na medida do posible, para ter un mellor coñecemento de
en que consiste cada actividade.
ACTIVIDADES
PARA EDUCACIÓN INFANTIL
HORA/DÍA
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
16:30-17:30h
|
JUMPING
CLAY
|
INGLÉS
|
MULTIDEPORTE
|
INGLÉS
|
17:30-18:30h
|
EXPRESIÓN
MUSICAL
(Psicomotricidade)
|
ROBÓTICA
(5º
e 6º E.I.)
|
MÚSICA
|
ACTIVIDADES
PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA/DÍA
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
16:30-17:30h
|
TÉCNICAS
DE ESTUDO / JUMPING CLAY
|
ROBÓTICA
|
EDUCACIÓN
EMOCIONAL (2h)/
COCIÑA
(1,5h)
BALONMÁN
(de
17:30 a 18:30)
|
FÚTBOL
/ BAILE E CANTO TRADICIONAL
|
17:30-18:30h
|
BALONCESTO
|
INGLÉS
/ PATINAXE
|
INGLÉS
/ PLÁSTICA
|
PREZOS:
Actividades
de Multideporte, Patinaxe, Fútbol e Música, impartidas por Gaia: 13
€ /mes
Actividade
de Inglés, impartida por Lurdes Martins (dúas horas á semana): 23
€ / mes
Actividade
de Expresión musical, Baile e canto tradicional e plástica,
impartidas por Andrea Menéndez: 10
€ / mes
Actividade
de Robótica, impartida por Rockbotic: 20
€ / mes
Actividade
de Técnicas de estudo, impartida por Cegafor: 18
€ / mes
Actividade
de Jumping Clay: 16
€ / mes
Actividade
de Baloncesto, impartida polo Club Estudiantes Baloncesto: 8
€ / mes
Actividade
de Cociña, impartida por Gaia (hora e media de duración): 15
€ / mes
Actividade
de Educación Emocional, impartida por Toño Escudero (dúas horas de
duración): 18 € / mes
Actividade
de Balonmán, impartida polo Club Balonmán Teucro: gratuita
Todas
as actividades son para socios/as da ANPA, quen as organiza e as
subvenciona, tendo xa aplicado un desconto no seu prezo de 2 €.
Os non socios tamén poden asistir, pero non se beneficiarán da subvención, polo que terán que engadir 3€ máis aos prezos arriba indicados.
Os non socios tamén poden asistir, pero non se beneficiarán da subvención, polo que terán que engadir 3€ máis aos prezos arriba indicados.
As
inscricións faranse a partir de setembro.
martes, 7 de xuño de 2016
Ludoverán 2016
Xa está aberto o prazo de inscrición para o programa de ludotecas de verán xestionado pola FANPA. Podedes atopar toda a información na páxina web da FANPA:
http://www.nontedurmas.org/blog/ludoveran-2016/
http://www.nontedurmas.org/blog/ludoveran-2016/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)