Xa está aquí o Entroido e por suposto temos festa no CEIP Froebel, o Venres, 1 de marzo, de 17.00 a 20.00.
Haberá premio ao mellor disfraz, sorteo de regalos, música e moitas sorpresas.
Ven e trae os teus amigos.
Lembrámosvos tamén que o día 21
de decembro
pola mañá o colexio celebrará o “Minnesota
Day”
onde se repartirán a todos os nenos e nenas “hotdogs” e pipocas
doados pola ANPA. Se algún neno ou nena ten algún tipo de
intolerancia ou alerxia alimentaria facédenolo saber a través dun
correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com
ou deixando unha mensaxe na caixa de correo da ANPA, polo menos tres
días antes.