Co
obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de
Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º van organizar unha festa
de Entroido, xunto coa ANPA e as súas familias. A festa vaise celebrar no cole o día 5 de febreiro de 17:00h a 19:30h.
Se
realizas un donativo de 2 € terás
merenda, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida. Tamén haberá
diplomas para os mellores disfraces, así que non esquezas vir disfrazado!
Se
estades en 6º e queredes participar na organización, podedes poñervos en
contacto con Marisol (nai de Lucía) ou coa ANPA a través do noso correo
electrónico anpa.froebel@gmail.com ou deste blog.
Tamén
vos pedimos se poderiades doar un libro infantil que teñades por casa e xa non precisedes, para despois
facer unha tómbola ou sorteo durante a festa. Os libros podédelos deixar no
local da ANPA os xoves de 9:00h a 9:30h, ou darllos a Marisol ou a calquera da
directiva da ANPA que coñezades.
Os
nenos que acudan sós á festa non poderán abandoar a festa sen autorización por
escrito e firmada dos seus pais ou titores.
Informámosvos tamén que
o mesmo día 5 de febreiro pola mañá
o colexio celebrará o “Ohio Day”
onde se repartirán a todos os nenos e nenas uns “perritos calientes” donados
pola ANPA. Se algún neno ou nena ten algún tipo de intolerancia ou alerxia
alimentaria facédenolo saber a través dun correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com
ou deixando unha mensaxe na caixa de correo da ANPA, polo menos dous días antes
da festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario