luns, 18 de xaneiro de 2016

Lecturas de nais e pais

Un ano máis queremos continuar coa experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai seis anos; pero para iso precisamos da vosa colaboración.

As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Farémolo un xoves, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.

Os que xa participamos máis veces nesta experiencia querémosvos animar a participar: aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos.

A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca e está incluída no Plan Xeral Anual do centro. As lecturas comezarán este mes de xaneiro e faranse os seguintes días:



Necesitamos que vos apuntedes para que a actividade siga adiante. Podedes vir ler todos os días indicados ou días soltos. Para anotarvos, enviade un correo electrónico (antes do 22 de xaneiro para a lectura de xaneiro) a anpa.froebel@gmail.com indicando o voso nome, e-mail e teléfono (Asunto: Lectura).

Se tedes algunha dúbida ou queredes informarvos máis en profundidade sobre esta actividade podedes falar con María Curra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario