Un ano máis queremos celebrar o Día das Letras galegas con todo vos así que esta vez pedímosvos tanto as nenas e nenos, como nais, pais e toda a familia que se anime a enviarnos ao mail unha frase ou verba en galego decorada, con cores ou usando lettering, coma sempre teremos un agasallo para todos os que participedes, e intentaremos con todo o material facer un mural ou vinilo para decorar o cole.
xoves, 12 de maio de 2022
venres, 6 de maio de 2022
martes, 3 de maio de 2022
Obradoiro “O bullying: e ti que fas”
Dende a Anpa Pardo Bazán queremos convidar a todas as familias do CEIP Froebel a un obradoiro práctico onde tanto nais, pais como alumnado poderemos aprender moitas cousas sobre o bullying, impartido por Rebeca Bastón. (web:terapiafamiliarbreve.wordpress.com)
Lugar: CEIP Froebel
Data: xoves 12 de maio
Horario: 17:30 a 19:00
Prezo: 1€ por familia socia / 3€ por familia non socia (a pagar o mesmo día do obradoiro)
Inscricións en anpa.froebel@gmail.com, indicando quen da familia vai a asistir, é preciso que as nenas e nenos de primaria veñan acompañados mínimo dun adulto. Último día para inscricións o 10 de maio.
Mínimo: 10 familias
martes, 15 de febreiro de 2022
Ludoteca de Entroido
As inscripcións faránse enviando un mail a anpa.froebel@gmail.com, adxuntando o xustificante de pago onde se indicaran o nome e apelidos do neno ou nena e Entroido, acompañado da folla de inscripción.
SORTEO DISFRÁZATE NA CASA CO DA CASA
Poderán participar neste sorteo todas as familias socias da Anpa Pardo Bazán dende hoxe ata o 4 de marzo de 2022 ás 00.00 h.