venres, 11 de novembro de 2022

XOGANDO COA IGUALDADE


Nota: Modifícase os grupos de idade a 1º e 2º primaria. Se houbese alguén de 5º e 6º E. I. interesado que fale directamente coa Balea Das cores para telo en conta.


Este obradorio dará ás familias a oportunidade de probar cos nenos e nenas unha selección de xogos, e proporcionaralle pautas e criterios a practicar na casa para evitar estereotipos sexistas  

Trataráse que nais, pais, cativas e cativos comprendan que teñen os mesmos dereitos e que non hai nada que non poidan facer polo feito de ser nena ou neno. Tamén se fará un pequeno contacontos   no que, serán protagonistas os libros infantís que fomenten os valores da igualdade e que afasten ás nenas e nenos dos estereotipos de xénero. A súa vez os libros seleccionados poñeran en valor a riqueza da diversidade, apostando pola inculcación de valores baseados no respecto e na tolerancia.

Para facer isto levarase a cabo unha charla introductoria sobre xoguetes en igualdade, xogos cooperativos e como o xogo pode axudar a unha linguaxe non sexista. A continuación faranse grupos para poder explicarlles os diferentes xogos e que eles aprendan xogando, que é unha das mellores maneiras de facelo, tanto para os maiores como para os máis pequenos.

Disfrutaremos dun momento lúdico, no que as nenas e nenos xogarán compartindo espacio e material, e onde non terán cabida os tópicos preexistentes sobre os roles atribuidos tradicionalmente a mulleres e homes.

 

Obxetivos:

- Guiar ás familias para que escollan xoguetes, libros, puzzles e xogos de mesa educativos e non sexistas que contribúan a ofreer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos.

- Formar ás familias mediante o xogo, para proporcionarlles pautas e criterios a prácticar na casa para evitar os estereotipos sexistas.

- Xogar coas familias para fomentar valores e actitudes de igualdade que lles ensinen a compartir a vida dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidades

 

Obradorio impartido por@abaleadasxores  e dirixido ós alumnos de 5º e 6º de infantils


Para anotarvos, directamente por WhatsApp no teléfono da @abaleadascores

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario