E seguimos cun Novembro cheo de actividades.
O próximo día 9 convidamos ás familias de Primaria a que se apunten ó Obradoiro organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará a Defensa Personal contra o Bulling.
A través deste obradoiro queremos introducir as familias dunha maneira lúdica a que coñezan como a través da defensa persoal os nenos e nenas poden facer fronte ao bullying, no só a nivel físico, senon tamén porque lles brinda fortaleza mental e emocional para enfrentarse aos seus agresores.
O máis importante é que non se pretende ensinar aos nenos e nenas a atacar, senon todo o contrario a evitar a violencia, a ser respetuosos, a solidaridade e a igualdade; esta enfocado de tal forma que o acosado teña os instrumentos necesarios para fomentar a súa autoestima de
forma que sepa ignorar o acoso, ao tempo que aos acosadores se lles conciencia e se lles ensina empatia. O mesmo tempo intentase concienciar e ensinar as nais e pais que os nenos e nenas precisan o seu apoio contra o bullying.
É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita
Agardamos que sexa do voso interés!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario