luns, 21 de decembro de 2020

Feliz Navidad!!!!

Dadas a circunstancias de este ano, como sabedes non imos facer festa de Nadal, pero si temos unha sorpresa para todos os socios da Anpa Pardo Bazán.

Agardamosvos xunto a Papa Noel o martes 22 de decembro no local da Anpa, dende as 16:30 ata as 20:30, para que veñades a recoller un agasallo para as nenas e nenos, e para o sorteo duns lotes, para non acumularnos iremos repartindo pouco a pouco, e pedimosvos vir repartidos.

Será preciso que presentedes o carne de socios.

Grazas a todas e todos por dar o voso apoio a Anpa, porque sen socios non existiría, e ainda que este ano somos poucos, temos forza para seguir traballando.

Vemonos o martes.



martes, 10 de novembro de 2020

Charla "Perigos de Internet"


Unha charla moi interesante sobre os Perigos de Internet, moi relacionada coa igualdade e subvencionada pola Secretaría de Igualdade.



Precisamos que vos anotedes para poder enviarvos a invitación por mail. Aberto a todos, pero teñen preferencia os socios da Anpa.

Participantes "Concurso comida terrorífica"

Aquí deixámosvos un vídeo coas comidas terroríficas presentadas polas familias do Anpa. 



Pronto saberemos os gañadores. Sorte a todos!!!

mércores, 21 de outubro de 2020

Concurso "Comida terrorífica"

 




Bases del concurso aquí 

Charla Micromachismos

 


CARTA

Hoxe preguntáronme se valía a pena facerse da Anpa, pero non como membro da Xunta Directiva, senón socio, que responder a iso? é certo que este curso non hai extraescolares pero se non existise a Anpa, non habería servizo de comedor, tampouco madruga, e as axendas gratis, nin tolos, e os folios para todos, e o material que recibiron algunhas nenas e nenos que non teñen medios, ou as máscaras, tamén os descontos nunhas cantas empresas da cidade. Pero iso non é a Anpa, a través nosa xestiónanse moitas cousas máis, levamos traballando toda a corentena e todo o verán a carón do centro para que a educación de todas as nenas e nenos do centro sexa de calidade. Pero se precisades máis razóns para ser socios da anpa aquí vos deixamos unhas cantas das cousas as que nos dedicamos o longo do curso é non son visibles.

1- Somos unha asociación sen ánimo de lucro, formada por pais e nais do alumnado do centro educativo, coa finalidade de participar en intervir na xestión do centro, co fin de mellorar a educación e lograr un bo clima de convivencia.

2- Colaboramos nas actividades educativas do centro, así como impulsamos outras, e en actividades complementarias ou extraescolares.

3- Estamos no Consello Escolar e animámosvos a que participedes nel.

4- Promovemos programas de educación familiar.

5- Representamos as familias asociadas ante as instancias educativas e outros organismos.

6- Fomentamos as relacións de cooperación co centro e outros centros educativos e cos sectores sociais e culturais do entorno.

7- Promovemos a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen discriminación por razóns económicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.

8- Promovemos relacións de colaboración dos pais e nais co profesorado e as boas relacións entre ambos.

9- Promover e desenvolver cantas actividades sexan necesarias para conseguir os obxectivos sinalados, en especial: fomento dunha alimentación saudable do alumnado e familias en xeral, sensibilización medio ambiental, actividades culturais, promoción da coeducación e a educación na diversidade entre a comunidade educativa.

10- Promocionar, planificar e realizar actividades de participación e voluntariado social, cultural e ambiental entre a comunidade educativa.

A Anpa colabora estreitamente nas iniciativas educativas do centro, e dunha maneira especial, nas actividades complementarias e extraescolares. Pero para poder facer todo isto, precisamos o voso respaldo, cantos máis sexamos máis cousas podemos realizar, máis forza temos, e por suposto dende a Xunta Directiva, con máis ganas traballamos, porque queremos recordarvos a todos que a nosa función a realizamos de forma voluntaria, quitándolle horas as nosas familias pero loitando por todas as nenas e nenos dos socios.

Iso si pensade que isto é un pequeno resumo de todo o que se fai.

FAITE SOCIO/A PRECISAMOSTE E PRECISASNOS.

venres, 9 de outubro de 2020

Convocatoria Asemblea Ordinaria

Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a unha Asamblea Ordinaria, que se celebrará o xoves día 29 de outubro, ás 19.00 en primeira convocatoria e ás 19.30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  2. Presentación contas do curso 2019/2020.
  3. Presentación actividades curso 2020/2021
  4. Rogos e Preguntas

Este ano debido as restricións da Covid-19 farémolo de forma telemática, pedimosvos que nos confirmedes asistencia, para saber cantas conexions precisamos, a través do mail anpa.froebel@gmail.com

xoves, 10 de setembro de 2020

FAITE SOCIO


Xa podedes facervos socios de nosa ANPA, atopardes toda a información AQUI.


Por que facerse socio?

  • Para defender os dereitos de todos, non os individuais.
  • Porque se non somos activos e participativos, como explicar ás nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e responsabilizarse no seu propio futuro?
  • Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar melloras na escola pública.
  • Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións sexan vistas con maior respecto.
  • Porque para realizar a formación activa das familias é necesario unir esforzos e ideas.
  • Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida da escola.
  • Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para as nosas fillas e fillos.

mércores, 9 de setembro de 2020

SEGURO DE ACCIDENTES PARA ALUMNOS SOCIOS DA ANPA PARA O CURSO 2020-21:

Compañía AXA

 

COBERTURA

Falecemento por accidente

12.000,00€

Incapacidade permanente por accidente

16.000.00€

Asistencia sanitaria por accidente

Incluida

Límite de gastos centros concertados

Ilimitada

Límite de gastos centros libre elección

1.500,00€

Asistencia sanitaria no Centro Escolar

Non incluida

Gastos primeiras prótesis e asistencia dental

1.500,00€

Rotura de gafas

300,00€*

Ciruxía reconstructiva

1.000,00€

Profesor de apoio

10 días

Asistencia en viaxe

Incluida

Límite máximo do sinistro

12 meses

*A rotura de gafas só se cubre se a nena ou neno sufre un accidente con lesións que obrigue a atención médica por parte dun facultativo do cadro médico.

A cobertura é para todos os días lectivos, en horario lectivo e no horario das extraescolares que faga a Anpa, igualmente inclúense as actividades que faga a Anpa nos fins de seman que non estean dentro do período vacacional (nadal, entroido, semana santa, verán…) e a excursión de fin de curso ainda que se producise en período vacacional.

Prezo: 8,50 € por neno/a e curso.

Neste curso usarase de forma preferente o pago en conta.

 

Ingreso/transferencia na conta da ANPA:

Ibercaja Banco S.A., C/Riestra Nº21 – IBAN   ES13 2085 8377 1503 3011 0740.

Indicar no concepto o nome e apelidos do alumno/a ou alumnos/as, curso/s e seguro accidentes.  Na caixa de correo da ANPA (fronte a porta de infantil) ou ben enviar por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com.

Preciso ser socio da Anpa Pardo Bazán

PROPOSTAS PARA O CURSO 2020-2021

Debido a sobrecarga que supón o Protocolo da Xunta de Galicia, vemonos na obriga de non levar a cabo ningunha actividade extraescolar. A responsabilidade cae completamente sobre a Directiva da Anpa sen ningún apoio por parte das Administracións. Dende a Anpa somos conscientes de que isto sumado a falta do plan madruga e do servizo de comedor, fai moi complicada a conciliación en moitas familias.

O equipo directivo do noso centro conta con todo o noso apoio e solidaridade, estan a inxeniar maneiras para diminuir o risco de contaxio e propagación da Covid-19, organizando unidades de convivencia, turnos para o patio, turnos para a entrada e saída do centro, etc. Esto levanos a pensar que non podemos boicotear todo ese traballo mesturando alumnado nas actividades extraescolares.

É por isto que para o curso que ben por parte da Anpa intentaremos apoiar o centro en todo o que poidamos e axudar a todas as familias que o precisen.

 

AXENDAS ESCOLARES

Gratuitas para todo o alumnado de educación primaria

EMPRESAS COLABORADORAS

Descontos en moitas empresas da cidade por ser socios da Anpa

II CONCURSO CONEPCIÓN ARENAL

Para promover a igualdade e darlle continuidade tanto a axenda como ao concurso.

IGUALDADE

Grazas a Subvención recibida pola Xunta levaremos a cabo varias actividades sobre o tema para as familias e o alumnado, adaptado os tempos que corren

COLABORACIÓN CO CENTRO

Axudar ao Centro en todo o que poidamos para a seguridade sanitaria do alumnado

SEGURO ACCIDENTES

Ofreceremos un seguro de accidentes para o alumnado socio da anpa.

O longo do curso e según como evolucione todo veremos se podemos facer máis actividades.

Por suposto seguiremos recibindo suxerencias de todos.

 

Por que facerse socio?

  • Para defender os dereitos de todos, non os individuais.
  • Porque se non somos activos e participativos, como explicar ás nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e responsabilizarse no seu propio futuro?
  • Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar melloras na escola pública.
  • Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións sexan vistas con maior respecto.
  • Porque para realizar a formación activa das familias é necesario unir esforzos e ideas.
  • Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida da escola.
  • Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para as nosas fillas e fillos.

RESUMO DAS ACCIÓNS REALIZADAS NO CURSO 2019-2020


Alumnado do centro: 272 nenos e nenas (218 familias)

Alumnado socio da ANPA: 206 nenos e nenas (160 familias)

 

ACTIVIDADES 

EXTRAESCOLARES

Patinaxe, Badmintón, Baloman, Inglés Trinity, Multideporte, Músicoterapia, Pintura e Piscina.

OBRADOIROS

De Samain

Jumping Clay

Decora a túa cabaza

Cociña.

De Outono

Concienciación medioambiental

Cociña con castañas

De nadal

Pinta a túa bolsa ou lenzo

Pizza de Papanoel

Adornos de nadal

Caixa de madeira con doces

Galletas de renos

Centro de mesa

Jumping Clay

Experimentos científicos

Unha viaxe polo nadal

O Tesouro de Benito Soto

CHALECOS PARA A VISIBILIDADE

Mercaronse chalecos e serigrafiarónse para todo o alumnado do ciclo de infantil

AXENDAS POLA IGUALDADE

Encargaronse as Axendas para o alumnado de Educación Primaria sendo gratuitas para todos os socios da Anpa

RASTREXO POLA IGUALDADE

Conmemorando o día contra a violencia sobre a muller e en colaboración co Concello realizouse un Rastrexo por Pontevedra para o alumnado de Primaria de toda a cidade.

VISITA DOS REIS MAGOS

Acudiron a escola e repartiron a todo o alumnado de Centro doces.

LECTURAS DE PAIS E NAIS

Realizaronse o longo de todo o curso, e especialmente en  Samain e Nadal decorouse unha zona onde lles leron a todo o alumnado contos.

FESTAS

Nadal e Entroido

CONCURSO CONCEPCIÓN ARENAL

Para promover a igualdade fixemos un concurso de debuxo e frases, que formarán parte da axenda do curso 2020-2021.

#FROEBELNACASA

 Realizouse un sorteo onde só puideron participar os socios da Anpa, e repartironse vales por distinto valor para usar en distintos comercios da cidade.

MASCARILLAS PARA TODOS

Mercouse o material necesario e pediuse a colaboración de voluntarios, recibindo axuda tamén de expertos na confección das mesmas.

NINGUEN SEN MATERIAL ESCOLAR

Mercouse material escolar de todo tipo para repartilo entre as familias que máis o precisen

IGUALDADE NO ACCESO EDUCATIVO

Por un lado conseguironse un portatil e dous ordenadores de sobremesa para o alumnado que o precisou e mercaronse folios para o uso do centro.

SOS COVID

Coa axuda do centro repartiuse roupa e alimentos a varias familias que o precisaban

IGUALDADE

Grazas a Subvención recibida pola Xunta levaronse a cabo varias actividades sobre o tema, tanto para as familias como para o alumnado. (Charlas, obradoiros, ludoteca...)

 

Por desgraza debido o peche dos centro escolares quedaron moitas cousas das que tiñamos pensado realizar sen facer entre elas, unha charla sobre bullyng, obradoiros de xabón, Obradoiros de Nutrición para toda a familia, unha ruta de sendeirismo, etc.

venres, 4 de setembro de 2020

Aclaración Servizo de comedor e madruga en FlipoPark

Debido a varios problemas que están a surxir polo servizo que o Flipopark ofrece ás familias do CEIP Froebel, queremos aclarar:

  • O servizo o da de forma privada Flipopark
  • Que nos o único que fixemos foi darlle publicidade
  • Que nos o entedemos coma un parche para que as familias teñan unha solución á conciliación
  • Que non suple o servizo de comedor e plan madruga que oferta a FANPA en ningún caso, e que seguiremos loitando por que o servizo se restableza no noso Centro e no resto de Centros onde a xestión é da FANPA.

Agradecemos que se alguén ten algúnha queixa que no lo comunique.




domingo, 30 de agosto de 2020

Servicio de madruga o comedor en FlipoPark

Grazas a Flipopark temos una solución para o servicio de madruga o comedor, agardamos que vos axude un pouco para poder conciliar.

Para máis información: 698175883 ou flipopark@yahoo.es





domingo, 2 de agosto de 2020

Curso 2020-21 Covid-19

Debido as medidas recollidas no protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020-2021, a Fanpa vese na obriga en principio de non dar o servizo de comedor e madruga. (enlace al escrito de fanpa). No noso caso se non hai cambios tamén nos vemos na obriga de non levar a cabo as actividades extraescolares, ou calquera outro tipo de actividade como festas, obradoiros, charlas, etc.

 

sábado, 20 de xuño de 2020

Actividades extraescolares para o curso 2020-2021

Debido a situación actual co Covid-19, e posto que ainda non está moi claro como se van ter que realizar as actividades extraescolares para o próximo curso, en principio a oferta de extraescolares en canto as actividades e horarios vai ser a mesma ca este curso.
Supoñemos tamén que se levará a cabo a actividade de Piscina con Beone.


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30
Multideporte (infantil)

Musicoterapia (infantil)

Inglés Trinity (primaria)
Badmintón (Primaria)
17:30-18:30

Patinaxe (primaria)
Balonmán (Primaria)

Pintura (primaria)

Asímesmo se estades interesados nalgunha outra actividade extraescolares, sempre podedes comunicarnolo.
E se tendes calquera outra idea, suxestión ou crítica estamos abertos.


domingo, 24 de maio de 2020

#FroebelNaCasa

Xa queda moi pouquiño para saber os gañadores do concurso, picando na imaxe podedes ver a todos os participantes:





venres, 8 de maio de 2020

Axuda Máscaras


Seguimos pedindo colaboración porque somos unha familia, esta vez ocorreusenos que podíamos facer entre todos mascarillas para todas as nenas e nenos do Froebel, pero para iso a Anpa precisa axuda de xente que seiba usar unha máquina de coser.
Se nos queredes axudar enviádenos un mail. anpa.froebel.covid@gmail.com
Grazas a tod@s  

Axuda tecnolóxica



A través da Dirección do Centro temos coñecemento de que hai nenas e nenos que precisan ordenadores para poder facer os deberes, e os que conseguen a través de ong ou administracións non son suficientes, así que poñamos o noso gran de área, se tedes algún ordenador vello que non usedes nos con axuda de voluntarios os podemos reacondicionar e entregar a esas nenas e nenos que seguro o agradeceran. 

mércores, 6 de maio de 2020

Novo Mail Axuda


Hoxe queremos informarvos de que temos un novo mail para axudar as familias pola situación que estamos a vivir co Covid-19, o que queremos é que nos transmitades que tipo de axuda precisades e nos intentaremos buscar unha solución, falando co Centro, coas distintas administracións, colaborando entre todos.
Pensamos que entre todos podemos axudarnos, así que sé te podes ofrecer voluntario para algunha cousa tamén es moi benvido.
Por suposto con toda a discreción a nosa intención só é a de axudar levamos moito tempo intentando averiguar como facelo pero finalmente decidimos que o mellor e saber primeiro cales son as necesidades das familias.
Somos unha comunidade e polo tanto unha familia onde todas e todos podemos axudar.
Así que xa sabedes se precisades algo ou se podedes ofrecer algo escribidenos a anpa.froebel.covid@gmail.com

martes, 28 de abril de 2020

#FROEBELNACASA

Xa podedes ver os vídeos e fotos que nos están enviando os nenos e nenas para o concurso, só tedes que picar na seguinte imaxe: