Hoxe preguntáronme se valía a pena facerse da Anpa, pero non como membro da Xunta Directiva, senón socio, que responder a iso? é certo que este curso non hai extraescolares pero se non existise a Anpa, non habería servizo de comedor, tampouco madruga, e as axendas gratis, nin tolos, e os folios para todos, e o material que recibiron algunhas nenas e nenos que non teñen medios, ou as máscaras, tamén os descontos nunhas cantas empresas da cidade. Pero iso non é a Anpa, a través nosa xestiónanse moitas cousas máis, levamos traballando toda a corentena e todo o verán a carón do centro para que a educación de todas as nenas e nenos do centro sexa de calidade. Pero se precisades máis razóns para ser socios da anpa aquí vos deixamos unhas cantas das cousas as que nos dedicamos o longo do curso é non son visibles.
1- Somos unha asociación sen ánimo de lucro, formada por pais e nais do alumnado do centro educativo, coa finalidade de participar en intervir na xestión do centro, co fin de mellorar a educación e lograr un bo clima de convivencia.
2- Colaboramos nas actividades educativas do centro, así como impulsamos outras, e en actividades complementarias ou extraescolares.
3- Estamos no Consello Escolar e animámosvos a que participedes nel.
4- Promovemos programas de educación familiar.
5- Representamos as familias asociadas ante as instancias educativas e outros organismos.
6- Fomentamos as relacións de cooperación co centro e outros centros educativos e cos sectores sociais e culturais do entorno.
7- Promovemos a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen discriminación por razóns económicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
8- Promovemos relacións de colaboración dos pais e nais co profesorado e as boas relacións entre ambos.
9- Promover e desenvolver cantas actividades sexan necesarias para conseguir os obxectivos sinalados, en especial: fomento dunha alimentación saudable do alumnado e familias en xeral, sensibilización medio ambiental, actividades culturais, promoción da coeducación e a educación na diversidade entre a comunidade educativa.
10- Promocionar, planificar e realizar actividades de participación e voluntariado social, cultural e ambiental entre a comunidade educativa.
A Anpa colabora estreitamente nas iniciativas educativas do centro, e dunha maneira especial, nas actividades complementarias e extraescolares. Pero para poder facer todo isto, precisamos o voso respaldo, cantos máis sexamos máis cousas podemos realizar, máis forza temos, e por suposto dende a Xunta Directiva, con máis ganas traballamos, porque queremos recordarvos a todos que a nosa función a realizamos de forma voluntaria, quitándolle horas as nosas familias pero loitando por todas as nenas e nenos dos socios.
Iso si pensade que isto é un pequeno resumo de todo o que se fai.
FAITE SOCIO/A PRECISAMOSTE E PRECISASNOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario