sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL NO FROEBEL


https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-navidad-froebel.html

Así foi o nadal no CEIP Froebel, tivemos o venres pola mañá a visita dos Reis Magos, o xoves de maña contos por parte das mamas e papas lectoress e o venres de tarde, festa coa visita de papa noél, karaoke, xogos e sorteo de dúas cestas de nadal patrocinado por as empresas colaboradoras:


Podedes ver as imaxes facendo click na foto
Xa podedes ver como transcorreron os obradoiros de nadal.

martes, 10 de decembro de 2019

UNHA VIAXE POLO NADAL




Queredes vir a pasalo ben, pois animádevos a participar en “Unha viaxe polo Nadal”, onde faremos xogos, obradoiros, pintaremos e habera agasallos e sorpresas para todos, e coñeceremos un pouco outras culturas e outras formas de festexar o nadal. 
Data: xoves 19 de decembro 
Hora: 16:30 a 18:30 
Prezo socios: 5€ 
Prezo non socios: 10 € 

Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:15 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 18 de decembro. 
E se non vos podedes pasar enviádenos un mail a anpa.froebel@gmail.com 
Nota: Recomendamos que traian roupa vella e un tupper.



Recollida de xoguetes e alimentos non perecedeiros e de nadal

Coa chegada do Nadal sabedes que na Anpa Pardo Bazán facémonos moi solidarios e este ano queremos facer unha gran recollida de xoguetes (libros, puzzles, pelotas, monecos, complementos, coches…) para donalos á Asociación Boa Vida; pero xa sabédes que nestas datas tamén colaboramos con Cáritas para a recollida de alimentos non perecedeiros (leite,harina, arroz, pasta, garbanzos, latas de conservas, etc) e típicos do Nadal (turrón, polvoróns, hojaldrados, etc).

Tendes dende xa e ata o 16 de decembro para entregalos no cole. E coma sempre se no horario de entrada o cole non podedes falade con nos e intentamos quedar a outra hora.
 

Un saúdo e grazas a todos.


domingo, 1 de decembro de 2019

IMAXES RASTREXO IGUALDADE

Desde a nosa galería de fotos podedes ver o ben que o pasaron todos os participantes e voluntarios. Agradecer a estes últimos a súa colaboración.  

https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-rastrexo-igualdade-2019.html


Moitas grazas a todos!!!!!

xoves, 28 de novembro de 2019

CHARLAS E OBRADOIROS DE IGUALDADE

Xa podedes comprobar desde a nosa galería de fotos como transcorreron as charlas e obradoiros de igualdade. 

https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-ludoteca-igualdade.html
 

mércores, 27 de novembro de 2019

OBRADOIROS DE NADAL



OBRADOIROS IMPARTIDOS POLA CASIÑA DE TEO
Pinta a túa bolsa ou lienzo
Luns 02.12.2019
Prezo socio por obradoiro: 5€

Prezo non socio por obradoiro: 7 €
PREZOS ESPECIAIS
só socios

2 obradoiros: 8€
3 obradoiros: 12€
4 obradoiros: 16€
5 obradoiros: 20€
6 obradoiros: 24€
Todos: 26€

17:30 a 18:30
Pizza de PapaNoel
Martes 03.12.2019
16:30 a 17:30
Adornos de nadal
Xoves 05.12.2019
16:30 a 17:30
Caixa de madeira con chocolates
Luns 09.12.2019
17:30 a 18:30
Galletas de renos e moneco de neve
Martes 10.12.2019
16:30 a 17:30
Centro de mesa
Xoves 12.12.2019
16:30 a 17:30
Paté de mariscos e bolas de chocolate con folerpas
Martes 17.12.2019
16:30 a 17:30



OBRADOIRO DE JUMPING CLAY
Crea a túa figura de nadal
Lúns 16.12.2019
Prezo socios: 4€
Prezo non socios: 6€
17:30 a 18:30


Mínimo 10 alumnos en cada obradoiro.
Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:15 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 13 de decembro.
Para os talleres de Pintura aconsellamos levar roupa vella ou mandilon, e para os de cociña tupper para que podan levar o feito.

martes, 12 de novembro de 2019

OBRADOIROS NOVEMBRE

 Obradoiro de concienciación medioambiental, pinta a túa bolsa e deixa o plástico:
Día xoves 21 de novembro de 16:30 a 17:45
Prezo socios: 5€
Prezo non socios: 7€
Obradoiro Cociña con castañas (pan de castaña e postre sorpresa):
Día xoves 21 de novembro de 18:00 a 19:00
Prezo socio: 5€
Prezo non socio: 7€

Oferta especial se vas os dous obradoiros só para socios: 8€ (pero leva a merenda)

Mínimo 8 alumnos en cada obradoiro.

Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:15 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 20 novembro


domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIROS EN FAMILIA



 
          Convidámosvos a asistir as charlas de igualdade que se impartiran o luns 18 e o mércores 20 de novembro de 18:30 a 20:00, no CEIP Froebel.
            Onde traballaremos a igualdade de xénero con dinámicas e role playing.
            Inscrición no mail anpa.froebel@gmail.com ou no buzón de correo que hai na entrada de infantil. 

https://drive.google.com/open?id=1diFUd8rVd47aP9TYseY6s_mXISHlf0oZ

Agardámosvos a tod@s

martes, 5 de novembro de 2019

RASTREXO POLA IGUALDADE



O día 23 de novembro co motivo do día da violencia de xénero a ANPA do CEIP Froebel vai a celebrar o I Rastrexo infantil do noso CEIP.

Este, vai dirixido a nen@s  de 1º a 6º de primaria de todos os colexios de Pontevedra, os cales terán que realizar unha serie de probas puntuables en distintas prazas de Pontevedra. 

Na metade do percorrido teremos avituallamento para tod@s os participantes ademais de sorpresas e premios para os 3 primeiros clasificados.  

Imprescindible:
  •  Cámara de fotos ou móbil.
  •  Chaleco reflector para un dos adultos.
A inscrición será por equipos cun mínimo de 6 e un máximo de 10 membros, dos cales 2 deberán ser adultos. O prezo da inscrición será de 6€ por equipo, cun límite de 50 equipos. 

¿ Como realizar a inscrición?
  1. Enchemos o Formulario de inscrición e pulsamos en enviar. (Pre-Inscrición). 
  2. Descargamos os documentos de protección de datos para os adultos  e para os nenos, enchémolo e asinamos. 
  3. Realizamos o pago da cantidade correcta na conta da ANPA ES13 2085 8377 1503 3011 0740, poñendo  como concepto o nome do equipo participante..
  4. Enviamos mail a anpa.froebel@gmail.com achegando o documento de protección de datos e o xustificante de pago  
  5. Recibiremos un mail de confirmación unha vez comprobado todos os documentos.
O proceso de inscrición pecharase o día 20 de Novembro ás 24:00.

CHARLAS DE IGUALDADE

  

 Convidámosvos a asistir as charlas de igualdade que se impartiran o luns 11 de novembro e o mércores 13 de novembro de 18:30 a 20:00, no CEIP Froebel, haberá servizo de gardería.
    Os temas a tratar serán o uso crítico das novas tecnoloxías, os roles de xénero, a hipersexualización e a prevención das conductas violentas.
Inscrición no mail anpa.froebel@gmail.com ou no buzón de correo que hai na entrada de infantil.
Agardamosvos a tod@s.

FOTOS LUDOTECA IGUALDADE













domingo, 3 de novembro de 2019

FOTOS OBRADOIROS DE SAMAÍN

OBRADOIRO JUMPING CLAY










OBRADOIRO DE CABAZAS









OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA















 Agardamos que vos gustasen estes obradoiros, podedes facernos as vosas suxerencias.