venres, 23 de decembro de 2016

Felices festas



Despois do Nadal colgaremos as fotos das visitas dos  Reis Magos e do Apalpador, e as fotos das lecturas de Nadal que fixemos na biblioteca do cole. Estade atentos!


mércores, 21 de decembro de 2016

Día de Minnesota e visita do Apalpador

Hoxe celébrase no cole o Día de Minnesota. Esta festa, organizada polos profes de inglés, vense celebrando nos últimos anos para dar a coñecer o lugar de orixe dos distintos lectores de inglés que temos cada ano no centro. E como tamén xa é tradición, a ANPA doará uns hotdogs e pipocas de millo, que este ano repartirá o Apalpador. 



luns, 19 de decembro de 2016

Visita dos Reis Magos


Hoxe recibimos a visita de súas maxestades os Reis Magos de Oriente, que viñeron ao cole para saúdar aos nenos e recoller os seus debuxos e cartas solidarias. En breve compartiremos fotos deste gran acontecemento. Estade atentos!

     

xoves, 15 de decembro de 2016

Novo establecemento colaborador

Temos un novo establecemento colaborador que ofrece descontos do 25% nas consultas aos socios da nosa ANPA. Trátase de Terapias Trisquel Pontevedra.

Podedes ver e descargar a listaxe completa actualizada no apartado "Faite socio / establecementos colaboradores" deste  blogue.

Tamén vos queremos lembrar que para que esta iniciativa teña éxito, contamos coa vosa colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse. 

luns, 12 de decembro de 2016

Festa de Nadal


Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º van organizar unha festa de Nadal, xunto coa ANPA e as súas familias. A festa vaise celebrar no cole o día 16 de decembro de 17:00h a 20:00h.
Se realizas un donativo de 2€ terás chuches, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida.
Os nenos que acudan sós á festa non poderán abandoar a festa sen autorización por escrito e firmada polos seus pais ou titores.



Lembrámosvos tamén que o día 21 de decembro pola mañá o colexio celebrará o “Minnesota Day” onde se repartirán a todos os nenos e nenas “hotdogs” e pipocas doados pola ANPA. Se algún neno ou nena ten algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria facédenolo saber a través dun correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou deixando unha mensaxe na caixa de correo da ANPA, polo menos tres días antes.

domingo, 11 de decembro de 2016

Recollida de alimentos

Un ano máis a nosa comunidade escolar vai participar na campaña de recollida de alimentos organizada por CÁRITAS, co obxectivo de repartilos entre a xente máis necesitada.

A recollida farase os días martes 13 e mércores 14 de decembro, nas entradas ao colexio. Eses días, os nenos e nenas poden traer á escola ALIMENTOS NON PERECEDEIROS coma aceite, conservas, legumes, pasta ou azucre e tamén DOCES DE NADAL como turrón ou polvoróns. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.



mércores, 7 de decembro de 2016

Voluntarios para o Nadal

A última semana de clases (días 19, 20 e 21 de decembro), o colexio e máis a ANPA imos realizar diversas actividades para os nenos e nenas para as que precisamos algo de colaboración dos pais e nais que estean interesados e poidan axudar. As actividades son as seguintes:

- O día 19 os nenos e nenas entregarán aos Reis Magos unha carta "solidaria" na que pedirán desexos para os demáis. A mellor carta de cada ciclo terá un premio, que se entregará despois do Nadal. Necesitamos traxes para os tres. Se tendes ou sabedes a quen pedirllos, poñédevos en contacto connosco.

- O día 20 faremos unha lectura de contos de Nadal. Se alguén ten interés en participar, que se poña en contacto. Nestas lecturas falarase da figura tradicional galega do Apalpador, que visitará o cole o día seguinte.

- O día 21 celebrarase o día de Minnesota. Para os que non o saiban esta é unha actividade organizada polos profes de inglés para dar a coñecer o lugar de orixe da lectora de inglés que está este ano no cole, e que xa se ven celebrando en anos anteriores. Ese día, como xa é tradición, a ANPA doará uns hotdogs e pipocas de millo, que repartirá o Apalpador. Se hai algún neno ou nena con algunha alerxia ou intolerancia a estes alimentos, facédenolo saber para telos en conta e ofrecerlles algunha alternativa.

O Apalpador levará un carriño e os Reis Magos precisan duns tronos, polo que pedimos, a quen poida, que veña ao local da ANPA (entrada pola porta gris do comedor) o mércores día 14 de decembro a partir das 18:30h, para axudar a facelos.


Esperamos contar coa vosa colaboración. Moitas grazas de antemán.