mércores, 7 de decembro de 2016

Voluntarios para o Nadal

A última semana de clases (días 19, 20 e 21 de decembro), o colexio e máis a ANPA imos realizar diversas actividades para os nenos e nenas para as que precisamos algo de colaboración dos pais e nais que estean interesados e poidan axudar. As actividades son as seguintes:

- O día 19 os nenos e nenas entregarán aos Reis Magos unha carta "solidaria" na que pedirán desexos para os demáis. A mellor carta de cada ciclo terá un premio, que se entregará despois do Nadal. Necesitamos traxes para os tres. Se tendes ou sabedes a quen pedirllos, poñédevos en contacto connosco.

- O día 20 faremos unha lectura de contos de Nadal. Se alguén ten interés en participar, que se poña en contacto. Nestas lecturas falarase da figura tradicional galega do Apalpador, que visitará o cole o día seguinte.

- O día 21 celebrarase o día de Minnesota. Para os que non o saiban esta é unha actividade organizada polos profes de inglés para dar a coñecer o lugar de orixe da lectora de inglés que está este ano no cole, e que xa se ven celebrando en anos anteriores. Ese día, como xa é tradición, a ANPA doará uns hotdogs e pipocas de millo, que repartirá o Apalpador. Se hai algún neno ou nena con algunha alerxia ou intolerancia a estes alimentos, facédenolo saber para telos en conta e ofrecerlles algunha alternativa.

O Apalpador levará un carriño e os Reis Magos precisan duns tronos, polo que pedimos, a quen poida, que veña ao local da ANPA (entrada pola porta gris do comedor) o mércores día 14 de decembro a partir das 18:30h, para axudar a facelos.


Esperamos contar coa vosa colaboración. Moitas grazas de antemán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario