venres, 27 de maio de 2016

Ludoteca de verán no CEIP Froebel


Como todos os anos, a empresa Gaia ofrece a súa ludoteca de verán no noso colexio.
Esta ludoteca vai dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos e terá lugar durante os meses de xullo e agosto de 2016 en horario de luns a venres de 9:00h a 14:00h, en quendas quincenais, sen límite. Existe tamén a posibilidade de servizo de comedor.

Prezos: Socios da ANPA: 50€ quenda/ Irmán 45€.
Non socios: 75€ quenda/ Irmán70€ .

As inscricións poderán realizarse até o 20 de xuño entregando a FICHA DE INSCRICIÓN cuberta xunto co xustificante de pagamento, na caixa de correo da ANPA (na entrada de infantil) ou por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com. Tamén se pode entregar en persoa os xoves, no local da ANPA, entre as 9.00h e as 9.30h.

Documentación
Ademáis da ficha de inscrición e do xustificante de pagamento, é preciso achegar:
  • Fotocopia do DNI do/a neno/a ou libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
O ingreso realizarase no nº de conta da ANPA: Ibercaja Banco S.A., R/Riestra nº21

        IBAN ES13 2085 8377 1503 3011 0740 

mércores, 25 de maio de 2016

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

DOG núm. 92, do 16 de maio de 2016

Sempre e cando reúnan os requisitos establecidos nesta orde, poden solicitar axudas para adquirir libros de texto os alumnos matriculados en 1º e 2º de Primaria e poden participar no fondo solidario de libros de texto os alumnos de 3º e 4º de Primaria. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso centro están incluídos no proxecto EDIXGAL, polo que non precisan participar do fondo solidario.

As axudas para adquirir material escolar van dirixidas a todo o alumnado de Primaria que reúna os requisitos.


venres, 20 de maio de 2016

Saída en familia á illa de Ons

A FANPA organiza unha saída en familia á illa de Ons, con representación teatral. Esta actividade está aberta a todos os membros das ANPA da provincia e terá lugar o vindeiro 18 de xuño.

Podedes consultar o programa, prezos, datas de inscrición e demáis información no seguinte enlace: 
http://www.nontedurmas.org/actividades/saida-en-familia-a-illa-de-ons-con-representacion-teatral/

mércores, 11 de maio de 2016

Novos teléfonos no centro

Os números de teléfono do centro cambiaron. Os novos son os seguintes:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

sábado, 7 de maio de 2016

Máis sobre as avaliacións de 3º e 6º de primaria

A FANPA fainos chegar a información sobre a reunión que tivo lugar o pasado xoves 5 de maio. Podedes ver o vídeo da reunión na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=tjbB5PjNlhI

Ou ler o comunicado a continuación: http://www.nontedurmas.org/fanpa/comunicado-da-fanpa-sobre-as-avaliacions-de-primaria/

Ao remate do documento están os modelos de documentos:

- de protesta, no caso de presentarse ao exame .
- de xustificación de ausencia (CONFAPA Galicia), no caso de non presentarse.

martes, 3 de maio de 2016

XXII Cross escolar

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 07 de maio, a partir das 10:30 da mañá o XXII CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición podédela facer enviándonos un correo a anpa.froebel@gmail.com.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre-benxamín (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín ( 5º e 6º de primaria). A todos os nenos entregaráselles auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.

Tamén hai unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.

Preténdese que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías concentraranse no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.

Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas durante as probas de alevín.
Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.
Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.

As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:
CategoríaDistancia     Hora
Pre Benxamín Nenos 1º, 2º Primaria      250m      10:30
Pre Benxamín Nenas 1º, 2º Primaria 250m      10:40
Ed. Infantil 3 anos   150m      10:50
Ed. Infantil 4 anos   150m      11:00
Ed. Infantil 5 anos   150m      11:10
Benxamín Nenos 3º, 4º Primaria 700m      11:20
Benxamín Nenas 3º, 4º Primaria 700m      11:30
Alevín Nenos 5º, 6º Primaria 1500m      11:45
Alevín Nenas 5º, 6º Primaria 1200m            12:00
Infantil 1º, 2º ESO 700m      12:10
Pais e avós   250m          12:30
Nais e avoas   250m      12:40



2013-2014 Cross - Mapa salidas

domingo, 1 de maio de 2016

Os Maios


O noso colexio conseguiu o premio á mellor interpretación no certame de Maios celebrado o domingo 1 de maio na praza da Ferrería!

Podedes coñecer todos os gañadores e máis detalles en pontevedraviva.com

Tamén tendes FOTOS, tanto da preparación do maio e a coroa como da actuación e o VÍDEO da actuación.