A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición podédela facer enviándonos un correo a anpa.froebel@gmail.com.
Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre-benxamín (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín ( 5º e 6º de primaria). A todos os nenos entregaráselles auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.
Tamén hai unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.
Preténdese que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.
O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías concentraranse no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.
Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas durante as probas de alevín.
Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.
Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.
As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:
Categoría | Distancia | Hora | |
---|---|---|---|
Pre Benxamín Nenos | 1º, 2º Primaria | 250m | 10:30 |
Pre Benxamín Nenas | 1º, 2º Primaria | 250m | 10:40 |
Ed. Infantil 3 anos | 150m | 10:50 | |
Ed. Infantil 4 anos | 150m | 11:00 | |
Ed. Infantil 5 anos | 150m | 11:10 | |
Benxamín Nenos | 3º, 4º Primaria | 700m | 11:20 |
Benxamín Nenas | 3º, 4º Primaria | 700m | 11:30 |
Alevín Nenos | 5º, 6º Primaria | 1500m | 11:45 |
Alevín Nenas | 5º, 6º Primaria | 1200m | 12:00 |
Infantil | 1º, 2º ESO | 700m | 12:10 |
Pais e avós | 250m | 12:30 | |
Nais e avoas | 250m | 12:40 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario