venres, 24 de febreiro de 2017

Fotos da función de títeres

Como tiñamos anunciado, onte xoves día 23 visitou o centro o grupo Trapusteros Teatro para representar a obra de títeres titulada "Los cuentos de otro". A actuación foi todo un éxito e gustou moito. Podédelo comprobar nestas FOTOS.


martes, 21 de febreiro de 2017

Títeres no cole

Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler.
A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto?


Esta é a obra de títeres que vai presentar no cole o xoves 23 a compañía Trapusteros Teatro, do Brasil, que se atopa en Galicia nestes días participando en diversos eventos. Esta actividade está organizada conxuntamente pola ANPA e o centro.





luns, 20 de febreiro de 2017

Festa de Entroido


Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º, xunto coas súas familias e máis a ANPA, organizan unha 
festa de Entroido.

A festa  vaise celebrar no cole o día 24 de febreiro de 16:30h a 19:30h.

Se realizas un donativo de 2€ terás lambetadas, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida. Non te esquezas tampouco de vir disfrazado, xa que haberá premios para os mellores disfraces!

Os nenos que acudan sós á festa non a poderán abandonar sen autorización por escrito e firmada polos seus pais ou titores.

mércores, 15 de febreiro de 2017

Novo mapa de zonificación escolar

O Consello Escolar Municipal acordou avalar a proposta de Educación para modificar o mapa de zonificación escolar. Segundo varios inspectores asistentes, a Xunta prevé aprobar esta zonificación en marzo, para que o proceso de admisión dos alumnos do próximo curso xa se rexa en función desta normativa.
Podedes ler toda a información e ver como quedan as novas zonas no seguinte enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/34342/asi-sera-nuevo-mapa-zonificacion-escolar-pontevedra/

mércores, 1 de febreiro de 2017

Entrega de premios

Cando os Reis Magos nos visitaron no mes de decembro, cada neno entregoulles unha carta solidaria coa que participaban nunha competición. Hoxe fixemos a entrega de premios á mellor carta de cada curso. As cartas gañadoras foron seleccionadas por un xurado de profes.

Estes son os gañadores: 

Javier Lago Beloso de Infantil       (5 anos)
Elena Martínez Rodríguez             (1º curso)
Alba Trabazo Abelenda                 (2º curso)
Isabel Morante Acuña                    (3º curso)
Roque Pazos Fuentes                     (4º curso)
Noa Fernández Curra                     (5º curso)
Sabela Rivas Campos                     (6º curso)


Podedes ver as fotos da entrega de premios AQUÍ.



 




PARABÉNS A TODOS!!