martes, 31 de maio de 2022

COMER BEN É DIVERTIDO


Obradoiro para familias, onde aprenderemos moitas cousas de nutrición grazas a nutricionista María Lorenzo, que dará unha pequena charla aos adultos (mentres os nenos e nenas xogan) e despois poñerémonos mans a masa a cociñar receitas saúdables.

Cada familia deberá traer 2 tazas e 1 plato para microondas e un tupper para levar todo para casa.

Inscricións: anpa.froebel@gmail.com


Prezo socios: 1€ por familias

Prezo non socios: 3€ por familia

A pagar o mesmo día.





 

xoves, 12 de maio de 2022

Gústanos o galego

Un ano máis queremos celebrar o Día das Letras galegas con todo vos así que esta vez pedímosvos tanto as nenas e nenos, como nais, pais e toda a familia que se anime a enviarnos ao mail unha frase ou verba en galego decorada, con cores ou usando lettering, coma sempre teremos un agasallo para todos os que participedes, e intentaremos con todo o material facer un mural ou vinilo para decorar o cole. 




martes, 3 de maio de 2022

Obradoiro “O bullying: e ti que fas”

Dende a Anpa Pardo Bazán queremos convidar a todas as familias do CEIP Froebel a un obradoiro práctico onde tanto nais, pais como alumnado poderemos aprender moitas cousas sobre o bullying, impartido por Rebeca Bastón. (web:terapiafamiliarbreve.wordpress.com)

Lugar: CEIP Froebel

Data: xoves 12 de maio

Horario: 17:30 a 19:00

Prezo: 1€ por familia socia / 3€ por familia non socia (a pagar o mesmo día do obradoiro)

Inscricións en anpa.froebel@gmail.com, indicando quen da familia vai a asistir, é preciso que as nenas e nenos  de primaria veñan acompañados mínimo dun adulto. Último día para inscricións o 10 de maio.

Mínimo: 10 familias