domingo, 25 de outubro de 2015

Clases de italiano

A partir de novembro impartiranse no centro clases de aprendizaxe de italiano para os nenos/as de sexto. Animámosvos a todos os que esteades interesados en familiarizarvos con esta lingua, a que vos apuntedes. As clases serán todos os luns de 17:30h a 18:30h e darán comezo o día 9 de novembro. A actividade ten un custo de 15€ ao mes para os socios da ANPA e de 22,50€ para os non socios, sendo necesario domiciliar o pagamento (o recibo pasarase a primeira semana de cada mes).

Achegamos ficha de inscrición que debedes entregar cuberta, antes do día 30 de outubro, ben depositándoa na caixa de correo da ANPA (ao lado da porta de infantil) ou ben por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com

Clica aquí para descargar a ficha de inscrición

venres, 23 de outubro de 2015

Obradoiro de Halloween en inglés

O próximo día 30 de outubro (día laborable pero non lectivo) a ANPA organiza un obradoiro en inglés de Halloween para nenos e nenas de Educación Primaria. O obradoiro realizarase de 12:00h a 14:00h no colexio e estará dividido en dúas partes, unha de manualidades, onde realizarán decoracións de Halloween, e outra parte de música e xogos coa mesma temática. O custo da actividade é de 2€ por neno/a (irmáns a 1€) e os non socios 4€. O número de prazas é limitado e a reserva de praza é por orde de inscrición. Os socios teñen preferencia sobre os non socios.

Achegamos ficha de inscrición que debedes entregar cuberta o luns ou o martes de 9:00h a 9:30h no local da ANPA (pola porta do comedor) ou ben por correo electrónico a partir das 9:00h do luns, quedando rexistro de data e hora, a anpa.froebel@gmail.com

xoves, 22 de outubro de 2015

Contacta connosco


Se precisades contactar connosco, tendes varias opcións:

- Todos os xoves algún de nós estará no local da ANPA entre as 8.55 e as 9.30 aproximadamente para atendervos persoalmente. A entrada ao local está na rúa Alfonso XIII, pola porta do comedor.

- por correo electrónico, ao enderezo anpa.froebel@gmail.com

- a través do formulario de contacto que podedes atopar neste blog, na parte dereita da pantalla:
 


luns, 19 de outubro de 2015

Camiño escolar

O Concello de Pontevedra organiza unha reunión informativa sobre o Camiño escolar, na que se poderán presentar propostas de mellora e suxestións sobre o funcionamento. Esta reunión terá lugar o mércores 21 de outubro ás 16:30 horas no  CEP Campolongo.

Tamén podedes atopar información sobre o Camiño escolar nesta web: http://www.pontevedra.eu/movete/camino-escolar/presentacion

xoves, 15 de outubro de 2015

REMIND paso a paso


Como xa informamos, o centro está poñendo en marcha un novo sistema de comunicación coas familias a través da aplicación gratuita REMIND. Con esta fin, durante as reunións cos titores de cada curso están a repartir unha folla explicativa e a pedir o nome e curso dos nosos fillos/as e un enderezo electrónico para poderen darnos de alta no sistema.

Se xa tivestes a reunión co titor/a e proprocionastes estes datos, nestes días estaredes recibindo un correo coma o da foto:

























¿Qué facer a continuación?

1. Clicade no botón azul para aceptar a invitación e unirvos ao grupo da clase do voso fillo/a.

2.  Seredes reenviados a unha pantalla coma esta:
















Completade os datos que se vos piden.




 


3. E xa formades parte do grupo correspondente. 
















Se aínda non descargastes a aplicación, agora é o momento de facelo. Se xa tendes a aplicación e tamén creastes unha conta, podedes ir ata o paso 6.





4. Unha vez que teñades a aplicación, teredes que crear unha conta. Asegurádevos de que poñedes o mesmo enderezo electrónico que lle proporcionastes ao centro. O contrasinal que vos piden neste paso é para a vosa conta, así que o tendes que elixir vós.


























5. E listo!
Deberiades estar vendo algo coma esto:
























TITORÍAS DE COMEDOR


Se os vosos fillos/as son usuarios do servizo de comedor, sabede que existe unha titora do comedor. A titora pertence a Serunión, empresa que presta o servizo de comedor, e poderedes falar persoalmente con ela nos días e horas que se indican a contuación:




Ademáis, se tendes algunha queixa ou reclamación sobre o servizo de comedor, podédesvos poñer en contacto en calquera momento con Cristina Vázquez-Lescaille Carpintero, vicepresidenta da ANPA e delegada de comedor.


mércores, 14 de outubro de 2015

Novas formas de comunicación co centro

Este curso o colexio quere levar a cabo, de xeito experimental, unha nova forma de comunicarse coas familias. Farano a través dos dispositivos móbiles, mediante unha aplicación gratuita chamada REMIND. Esta aplicación está dispoñible tanto para Android como para iOS. Teredes que descargala e facilitarlle ao centro un enderezo electrónico voso para que vos poidan dar de alta na aplicación. Despois chegaravos a este enderezo unha invitación para unirse á clase na que está o voso fillo/a e así poder recibir as notificacións no voso dispositivo móbil.








Esta forma de comunicación pretende axilizar e facilitar ás familias a recepción de noticias e comunicacións do colexio, pero non eliminará as formas de comunicación que xa existen no centro.




Ademáis, o centro ten tamén unha conta de Twitter a través da cal poderemos seguir a actividade diaria dos nenos/as: https://twitter.com/ceip_froebel


martes, 6 de outubro de 2015

Cántamo en Galego!
Faladoiro con Uxía e Narf
Xoves 15 de outubro, ás 19.30 horas, no Local de Música de Pontevedra

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza, coa colaboración de Onda Cero, unha nova edición dos encontros do Cántamo en Galego!. Nesta ocasión Susana Pedreira e Carlos Pereiro entrevistarán a dous grandes da música galega, Uxía e Narf, que veñen de presentar o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.

O proxecto naceu do talento e da sensibilidade destes artistas que comezaron a colaborar ao cantar xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Foi entón cando descubriron que os seus xeitos de facer música, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro.

Foi así como recrearon, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos seus respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz nas ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Aquí tedes unha mostra:



sábado, 3 de outubro de 2015

CALENDARIO DE FESTAS

30 de outubro: día do Ensino.

Vacacións de Nadal: do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos os dous inclusive.

Entroido: 8, 9 e 10 de febreiro.

Vacacións de Semana Santa: do 21 ao 28 de marzo, ambos os dous inclusive.

xoves, 1 de outubro de 2015

BEXSERO anti meningococo B

Deixámosvos información sobre a vacina BEXSERO anti meningococo B, por se a alguén lle interesa:
O laboratorio Novartis vai empezar a suministrala a partir do día 1 de outubro. Estímase que chegará ás farmacias un par de días máis tarde. Servirase baixo reserva de pedido, polo que se recomenda que o que a precise a vaia encargando para evitar colapsos e desabastecementos posteriores. PRECÍSASE PRESCRICIÓN POR PARTE DO PEDIATRA.
Nas seguintes ligazóns hai información sobre a vacina por AEMPS (Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios) cando non a aprobaron no 2013 e a posterior recomendación da mesma por parte da AEP (Asociación Española de Pediatría), así coma algún artigo relacionado.