O
próximo día 30 de outubro (día laborable pero non lectivo) a ANPA
organiza un obradoiro en inglés de Halloween para nenos e nenas de
Educación Primaria. O obradoiro realizarase de 12:00h a 14:00h no
colexio e estará dividido en dúas partes, unha de manualidades,
onde realizarán decoracións de Halloween, e outra parte de música
e xogos coa mesma temática. O custo da actividade é de 2€
por neno/a
(irmáns a 1€) e os non socios 4€. O número de prazas é
limitado e a reserva de praza é por orde de inscrición. Os socios
teñen preferencia sobre os non socios.
Achegamos
ficha de inscrición que debedes entregar cuberta o luns ou o martes
de 9:00h a 9:30h no local da ANPA (pola porta do comedor) ou ben por
correo electrónico a partir das 9:00h do luns, quedando rexistro de
data e hora, a anpa.froebel@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario