Cántamo en Galego!
Faladoiro con Uxía e Narf
Xoves 15 de outubro, ás 19.30 horas, no Local de Música de Pontevedra
A
Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
organiza, coa colaboración de Onda Cero, unha nova edición dos encontros
do Cántamo en Galego!. Nesta ocasión Susana Pedreira e Carlos Pereiro
entrevistarán a dous grandes da música galega, Uxía e Narf, que veñen de
presentar o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza
imaxinaria’.
O
proxecto naceu do talento e da sensibilidade destes artistas que
comezaron a colaborar ao cantar xuntos por primeira vez nunha xira por
Chile, Arxentina e Uruguai. Foi entón cando descubriron que os seus
xeitos de facer música, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no
gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro.
Foi
así como recrearon, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos
seus respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz nas
‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Aquí tedes unha mostra:
Ningún comentario:
Publicar un comentario