Como xa informamos, o centro está poñendo en marcha un novo sistema de comunicación coas familias a través da aplicación gratuita REMIND. Con esta fin, durante as reunións cos titores de cada curso están a repartir unha folla explicativa e a pedir o nome e curso dos nosos fillos/as e un enderezo electrónico para poderen darnos de alta no sistema.
Se xa tivestes a reunión co titor/a e proprocionastes estes datos, nestes días estaredes recibindo un correo coma o da foto:
¿Qué facer a continuación?
1. Clicade no botón azul para aceptar a invitación e unirvos ao grupo da clase do voso fillo/a.
2. Seredes reenviados a unha pantalla coma esta:
Completade os datos que se vos piden.
3. E xa formades parte do grupo correspondente.
Se aínda non descargastes a aplicación, agora é o momento de facelo. Se xa tendes a aplicación e tamén creastes unha conta, podedes ir ata o paso 6.
4. Unha vez que teñades a aplicación, teredes que crear unha conta. Asegurádevos de que poñedes o mesmo enderezo electrónico que lle proporcionastes ao centro. O contrasinal que vos piden neste paso é para a vosa conta, así que o tendes que elixir vós.
5. E listo!
Deberiades estar vendo algo coma esto:
6. Se xa tiñades a aplicación descargada e a vosa conta creada antes de iniciar todo este proceso, seguramente nalgún momento vos pediron o código de clase:
Este código atópase no correo electrónico de invitación do que falamos ao principio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario