Comunicámosvos que se produciron dúas baixas na xunta directiva da ANPA, polo que ata a celebración da próxima asemblea de socios, a xunta directiva queda formada polas seguintes persoas:
Se precisades contactar connosco, tendes varias opcións:
- Todos os xoves algún de nós estará no local da ANPA entre as 8.55 e as 9.30 aproximadamente para atendervos persoalmente. A entrada ao local está na rúa Alfonso XIII, pola porta do comedor.
- por correo electrónico, ao enderezo anpa.froebel@gmail.com
- a través do formulario de contacto que podedes atopar neste blog, na parte dereita da pantalla:
Como xa informamos, o centro está poñendo en marcha un novo sistema de comunicación coas familias a través da aplicación gratuita REMIND. Con esta fin, durante as reunións cos titores de cada curso están a repartir unha folla explicativa e a pedir o nome e curso dos nosos fillos/as e un enderezo electrónico para poderen darnos de alta no sistema.
Se xa tivestes a reunión co titor/a e proprocionastes estes datos, nestes días estaredes recibindo un correo coma o da foto:
¿Qué facer a continuación?
1. Clicade no botón azul para aceptar a invitación e unirvos ao grupo da clase do voso fillo/a.
2. Seredes reenviados a unha pantalla coma esta:
Completade os datos que se vos piden.
3. E xa formades parte do grupo correspondente.
Se aínda non descargastes a aplicación, agora é o momento de facelo. Se xa tendes a aplicación e tamén creastes unha conta, podedes ir ata o paso 6.
4. Unha vez que teñades a aplicación, teredes que crear unha conta. Asegurádevos de que poñedes o mesmo enderezo electrónico que lle proporcionastes ao centro. O contrasinal que vos piden neste paso é para a vosa conta, así que o tendes que elixir vós.
5. E listo! Deberiades estar vendo algo coma esto:
Este curso o colexio quere levar a cabo, de xeito experimental, unha nova forma de comunicarse coas familias. Farano a través dos dispositivos móbiles, mediante unha aplicación gratuita chamada REMIND. Esta aplicación está dispoñible tanto para Android como para iOS. Teredes que descargala e facilitarlle ao centro un enderezo electrónico voso para que vos poidan dar de alta na aplicación. Despois chegaravos a este enderezo unha invitación para unirse á clase na que está o voso fillo/a e así poder recibir as notificacións no voso dispositivo móbil.
Esta forma de comunicación pretende axilizar e facilitar ás familias a recepción de noticias e comunicacións do colexio, pero non eliminará as formas de comunicación que xa existen no centro.
Ademáis, o centro ten tamén unha conta de Twitter a través da cal poderemos seguir a actividade diaria dos nenos/as: https://twitter.com/ceip_froebel