martes, 29 de xaneiro de 2019

CHARLA TALLER XESTIÓN DE EMOCIÓNS EN FAMILIA

NOTA: Informamos de un cambio no horario da charla será ás 19:30 debido a un imprevisto.


Nova charla, esta vez sobre a xestión das emocións en familia.


A familia é o noso refuxio, onde sentimos o amor, o apoio e a seguridade necesarias para o bo desenvolvemento de todas as facetas da nosa vida, persoal, social, educativa e profesional. Como nais e como pais, preguntámonos que é o que estamos facendo mal ou que é o que non estamos facendo. Gustaríate coñecer que cousas te poden axudar a atopar as respostas a estas ou outras preguntas e conseguir así que a vosa familia sexa un gran refuxio?  Pois se a resposta é que si, xa sabedes enviade un mail a anpa.froebel@gmail.com cos vosos datos para anotarvos.




luns, 28 de xaneiro de 2019

PONTECIENCIA 2019

Xa se está iniciando Ponteciencia 2019 así que se queredes participar achegámosvos a informacións sobre os obradoiros informativos para as familias dos alumnos e alumnas de primaria que se van celebrar.
Pódense elixir entre unha de estas datas:
Sábado 2 de febreiro as 10:30
Venres 8 de febreiro as 19:00
ou Mércores 20 de febreiro as 17:30
no espazo Arroelo r/ Michelena 11, 3º Concello de Pontevedra
Podedes inscribirvos neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606128293.
No caso de que non podades asistir pero esteades interesados avisádeos e intentaran a mellor solución posible.






             Animádevos a participar.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

2º BIMESTRE PISCINA


Ata o 31 de xaneiro, pódense solicitar as prazas para o 2º Bimestre da Actividade Extraescolar “PISCINA”, nas instalación de Campolongo. Estas prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, e non se gardan as prazas do 1º cuadrimestre, polo que vos recomendamos que nos enviedes canto antes os datos necesariospara facela:

-           NOME E APELIDOS DO/A NENO/A
-           TELÉFONO DE CONTACTO
-           IDADE E CURSO
-           HORARIO (DÍA E HORA) SOLICITADA

Tal e como vos comentamos, as instalación estarán pechadas dende o 1 de abril por mor de remodelación das mesmas, polo que as clases do segundo bimestre comezarán o venres 1 de febreiro e rematarán o venres 29 de marzo de 2019. Segue o calendario escolar, é dicir: hai actividade extraescolar de piscina cando é día lectivo. 

HORARIOS
• As actividades terán una frecuencia de 1 clase semana e unha duración de 45 min por clase.
• As opcións de horario da actividade serán de 16:30h a 17:15h ou de 17:15h a 18:00h de Luns a Venres, pero sempre dependendo dos niveis ofertados en cada franxa horaria.

PREZO
O prezo da actividade por neno deste segundo bimestre será de 16,80 € (a metada do habitual).

FORMA DE PAGO

O pago realizarase mediante ingreso ou transferencia bancaria, que deberán facer as familias nos 5 días seguintes á realización da reserva no seguinte número de conta: 
2085 8377 15 0330110740 (Titular da conta: ANPA PARDO BAZÁN)
 indicando no concepto nome do/a neno/a. 

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES
Os nenos/as que desexen asistir ó curso de “Natación Extraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (4 anos).

DURANTE A ACTIVIDADE

• Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos/as están na clase.
• Lembrámosvos que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de levar de xeito OBRIGATORIOun gorro, bañador e chanclas.
• É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
• Na instalación non se dispón de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

NORMATIVO DO CENTRO CAMPOLONGO RESPECTO AOS VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destinados ó uso dos colexios.

Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amarelo.
• Este vestiario poden usalo os nenos de tódalas idades e nenas menores de 6 anos.
• Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
• Os pais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa. 
• Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con cadeado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
• Este vestiario poden usalo as nenas de tódalas idades e nenos menores de 6 anos.
• Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
• As nais que queiran axudar a bañar ó snenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa. 
• Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con cadeado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

REFORMAS PISCINAS CAMPOLONGO


Dende Serviocio Campolongo informánnos de que as súas instalacións estarán pechadas dende  o 1 de abril ata o 1 de outubro, xa que durante ese período estan en obras para a súa completa remodelación.

Por mor deste peche, a actividade extraescolar de piscina do 2º cuadrimestre quedará reducida a dous meses únicamente (febreiro e marzo), coa conseguinte redución á metade do prezo de inscrición.

Nos próximos días enviaremos unha nota cos horarios dispoñibles e o procedemento de matriculación.