Ata o 31 de xaneiro, pódense solicitar as prazas para o 2º Bimestre da Actividade Extraescolar “PISCINA”, nas instalación de Campolongo. Estas prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, e non se gardan as prazas do 1º cuadrimestre, polo que vos recomendamos que nos enviedes canto antes os datos necesariospara facela:
- NOME E APELIDOS DO/A NENO/A
- TELÉFONO DE CONTACTO
- IDADE E CURSO
- HORARIO (DÍA E HORA) SOLICITADA
Tal
e como vos comentamos, as instalación estarán pechadas dende o 1 de
abril por mor de remodelación das mesmas, polo que as clases do segundo
bimestre comezarán o venres 1 de febreiro e rematarán o venres 29 de
marzo de 2019. Segue o calendario escolar, é dicir: hai actividade extraescolar de piscina cando é día lectivo.
HORARIOS
• As actividades terán una frecuencia de 1 clase semana e unha duración de 45 min por clase.
•
As opcións de horario da actividade serán de 16:30h a 17:15h ou de
17:15h a 18:00h de Luns a Venres, pero sempre dependendo dos niveis
ofertados en cada franxa horaria.
PREZO
O prezo da actividade por neno deste segundo bimestre será de 16,80 € (a metada do habitual).
FORMA DE PAGO
O
pago realizarase mediante ingreso ou transferencia bancaria, que
deberán facer as familias nos 5 días seguintes á realización da reserva
no seguinte número de conta:
2085 8377 15 0330110740 (Titular da conta: ANPA PARDO BAZÁN)
indicando no concepto nome do/a neno/a.
IDADE MÍNIMA DOS RAPACES
Os nenos/as que desexen asistir ó curso de “Natación Extraescolar” han
de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º
ciclo de Educación Infantil (4 anos).
DURANTE A ACTIVIDADE
• Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos/as están na clase.
• Lembrámosvos que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de levar de xeito OBRIGATORIOun gorro, bañador e chanclas.
• É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
• Na instalación non se dispón de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.
NORMATIVO DO CENTRO CAMPOLONGO RESPECTO AOS VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destinados ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amarelo.
• Este vestiario poden usalo os nenos de tódalas idades e nenas menores de 6 anos.
•
Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser
un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
• Os pais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
•
Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben
colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó
fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este
armario se pecha con cadeado ós 10 minutos aproximadamente de que de
comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a
clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
• Este vestiario poden usalo as nenas de tódalas idades e nenos menores de 6 anos.
•
Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser
un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
• As nais que queiran axudar a bañar ó snenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
•
Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben
colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está
entrando á dereita, ó carón da porta.
Este
armario se pecha con cadeado ós 10 minutos aproximadamente de que de
comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a
clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario