luns, 14 de novembro de 2022

Perigos de Internet

E rematamos Novembro cunha charla que nos parece moi interesante🚨

Os nosos fillos e fillas naceron na era dixital🖥 e nos deberíamos poñernos ó día🤓. Desta forma as nais , pais e o profesorado poden aprender que perigos hai en Internet, perigos aos que se enfrentan os nosos fillos. Tamén se explicaran termos como stalking, grooming, sexting.

Taller subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.


Inscricións: anpa.froebel@gmail.com



venres, 11 de novembro de 2022

XOGANDO COA IGUALDADE


Nota: Modifícase os grupos de idade a 1º e 2º primaria. Se houbese alguén de 5º e 6º E. I. interesado que fale directamente coa Balea Das cores para telo en conta.


Este obradorio dará ás familias a oportunidade de probar cos nenos e nenas unha selección de xogos, e proporcionaralle pautas e criterios a practicar na casa para evitar estereotipos sexistas  

Trataráse que nais, pais, cativas e cativos comprendan que teñen os mesmos dereitos e que non hai nada que non poidan facer polo feito de ser nena ou neno. Tamén se fará un pequeno contacontos   no que, serán protagonistas os libros infantís que fomenten os valores da igualdade e que afasten ás nenas e nenos dos estereotipos de xénero. A súa vez os libros seleccionados poñeran en valor a riqueza da diversidade, apostando pola inculcación de valores baseados no respecto e na tolerancia.

Para facer isto levarase a cabo unha charla introductoria sobre xoguetes en igualdade, xogos cooperativos e como o xogo pode axudar a unha linguaxe non sexista. A continuación faranse grupos para poder explicarlles os diferentes xogos e que eles aprendan xogando, que é unha das mellores maneiras de facelo, tanto para os maiores como para os máis pequenos.

Disfrutaremos dun momento lúdico, no que as nenas e nenos xogarán compartindo espacio e material, e onde non terán cabida os tópicos preexistentes sobre os roles atribuidos tradicionalmente a mulleres e homes.

 

Obxetivos:

- Guiar ás familias para que escollan xoguetes, libros, puzzles e xogos de mesa educativos e non sexistas que contribúan a ofreer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos.

- Formar ás familias mediante o xogo, para proporcionarlles pautas e criterios a prácticar na casa para evitar os estereotipos sexistas.

- Xogar coas familias para fomentar valores e actitudes de igualdade que lles ensinen a compartir a vida dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidades

 

Obradorio impartido por@abaleadasxores  e dirixido ós alumnos de 5º e 6º de infantils


Para anotarvos, directamente por WhatsApp no teléfono da @abaleadascores

 


xoves, 3 de novembro de 2022

Defensa Personal contra o Bulling


E seguimos cun Novembro cheo de actividades.

O próximo día 9 convidamos ás familias de Primaria a que se apunten ó Obradoiro organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará a Defensa Personal contra o Bulling.

A través deste obradoiro queremos introducir as familias dunha maneira lúdica a que coñezan como a través da defensa persoal os nenos e nenas poden facer fronte ao bullying, no só a nivel físico, senon tamén porque lles brinda fortaleza mental e emocional para enfrentarse aos seus agresores.

O máis importante é que non se pretende ensinar aos nenos e nenas a atacar, senon todo o contrario a evitar a violencia, a ser respetuosos, a solidaridade e a igualdade; esta enfocado de tal forma que o acosado teña os instrumentos necesarios para fomentar a súa autoestima de

forma que sepa ignorar o acoso, ao tempo que aos acosadores se lles conciencia e se lles ensina empatia. O mesmo tempo intentase concienciar e ensinar as nais e pais que os nenos e nenas precisan o seu apoio contra o bullying.

É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita

Agardamos que sexa do voso interés!!