ORDE do 27 de abril de 2016
pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto
e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
DOG núm. 92, do 16 de maio de 2016
Sempre e cando reúnan os requisitos establecidos nesta orde, poden solicitar axudas para adquirir libros de texto os alumnos matriculados en 1º e 2º de Primaria e poden participar no fondo solidario de libros de texto os alumnos de 3º e 4º de Primaria. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso centro están incluídos no proxecto EDIXGAL, polo que non precisan participar do fondo solidario.
As axudas para adquirir material escolar van dirixidas a todo o alumnado de Primaria que reúna os requisitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario