Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudas. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de decembro de 2018

XA CHEGOU O NADAL

Primeiro queremos agradecer a todos a solidariedade que demostrachedes, tanto na entrega de xoguetes como de alimentos non perecedoiros. A escola puido abastecerse moi ben e por suposto en beneficios de todos os nosos fillos e fillas.


O Nadal xa está aquí e por suposto a semana próxima hai moitas actividades na escola nas que a Anpa colabora.

O luns estará a Banda de Música da Escola Naval de Marín, será a partir das 12.10 e como todos os anos estamos todos convidados.
 

O martes, os nenos poderán gozar dunha obra a cargo dos pais e nais lectores.

O xoves van disfrutar do Día de New York, onde comerán bocatas de salchicha e pipocas de millo, gracias a colaboración da Anpa e dos cociñeiros voluntarios.


E o venres para rematar o curso por este ano virán os Reis Magos a visitar a todos e todas, e por suposto algunha lambetada levarán.

  

E para rematar, tamén o venres de 17.00 a 20.00, Festa de Nadal organizado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria para recadar fondos para o intercambio con Italia, onde haberá xogos, música, chuches e moitas sorpresas.



 BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO




sábado, 8 de decembro de 2018

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PERECEDOIROS E XOGUETES

Bos días, queremos informarvos que se vai realizar como todos os anos a recollida de alimentos non perecedoiros (como fariña, azucre, pasta, legumes, etc) e doces de Nadal para doalos a Cáritas.



Este ano tamén vamos realizar unha recollida de xoguetes que serán destinados en primeiro lugar a renovación dos xoguetes da escola, especialmente dos cursos de infantil, tamén coa axuda da escola queremos facer chegar xoguetes as familias sen recursos da mesma, e o resto será doado a Boa Vida.




Contamos coa vosa colaboración, a recollida terá lugar os días 10, 11, 12 e 13 de decembro na escola.
Animádevos a colaborar.

martes, 23 de maio de 2017

Axudas á compra de libros de texto e material escolar

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público.
As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
A información completa pódese atopar na WEB DA XUNTA.

martes, 28 de marzo de 2017

Subvención das saídas

Desde o curso pasado temos aprobado un acordo para subvencionar todas as saídas que se fagan fóra do centro escolar. O acordo é subvencionar a todas as familias socias cun 20% do importe da saída ata un máximo de 5 euros de aportación. Exceptuamos as saídas de pouco importe.

Informámosvos disto porque hai uns días os alumnos de 6º tiveron dúas saídas das que non nos enteramos e non recibiron subvención da ANPA. Unha vez que nos enteramos, rectificamos e a cada neno/a socios devolvéronselles 3,2 euros.

Para os demáis cursos que xa levaron notas de saídas nas que non poña que hai desconto para socios da ANPA, que saibades que sempre hai ese 20% cun máximo de 5 euros. Os que van de camping teñen todos 5 euros de subvención.

Se vos avisan dalgunha outra saída na que non figure desconto por ser socio da ANPA avisádenos, por se o centro se esquece de dicírnolo.

luns, 11 de xullo de 2016

Axudas de emerxencia para material escolar de infantil

A Concellaría de Benestar Social Municipal abriu este mes de xullo as axudas de emerxencia social para equipamento escolar do curso 2016/17 para os escolares que cursan Educación Infantil. Podedes consultar toda a información aquí: 

http://www.pontevedra.gal/2016/07/11/aberto-o-prazo-para-solicitar-axudas-de-emerxencia-para-material-escolar-de-infa
ntil-ate-novembro/

xoves, 30 de xuño de 2016

Fondo de libros e axudas para material escolar e libros de texto

Datas a ter en conta:

- Publicación das LISTAXES PROVISIONAIS........................... 1 de xullo de 2016

- RECLAMACIÓN sobre as listaxes provisionais .......................... os 2 días seguintes á                                                                                                                                  publicación das listaxes.

-  Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS ............................... 6 de xullo de 2016

- ENTREGA DE VALES ............................................................ 8 e 12 de xullo de 2016

- ENTREGA DE LIBROS aos alumnos de 3º e 4º ......................... 13 de xullo de 2016

mércores, 25 de maio de 2016

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

DOG núm. 92, do 16 de maio de 2016

Sempre e cando reúnan os requisitos establecidos nesta orde, poden solicitar axudas para adquirir libros de texto os alumnos matriculados en 1º e 2º de Primaria e poden participar no fondo solidario de libros de texto os alumnos de 3º e 4º de Primaria. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso centro están incluídos no proxecto EDIXGAL, polo que non precisan participar do fondo solidario.

As axudas para adquirir material escolar van dirixidas a todo o alumnado de Primaria que reúna os requisitos.