O día 23 de novembro co motivo do día da violencia de xénero a ANPA do CEIP Froebel vai a celebrar o I Rastrexo infantil do noso CEIP.
Este, vai dirixido a
nen@s de 1º a 6º de primaria de todos os colexios de Pontevedra, os cales terán que realizar unha serie de probas puntuables en distintas prazas de Pontevedra.
IMPRESCINDIBLE:
IMPRESCINDIBLE:
- Cámara de fotos ou móbil.
- Chaleco reflector para un dos adultos.
Na metade do percorrido teremos avituallamento para
tod@s os participantes ademais de sorpresas e premios para os 3 primeiros clasificados.
A inscrición será por equipos cun mínimo de 6 e un máximo de 10 membros, dos cales 2 deberán ser adultos. O prezo da inscrición será de 6€ por equipo, cun límite de 50 equipos.
¿ Como realizar a inscrición?
- Enchemos o Formulario de inscrición e pulsamos en enviar. (Pre-Inscrición).
- Descargamos os documentos de protección de datos para os adultos e para os nenos, enchémolo e asinamos.
- Realizamos o pago da cantidade correcta na conta da ANPA ES13 2085 8377 1503 3011 0740, poñendo como concepto o nome do equipo participante..
- Enviamos mail a anpa.froebel@gmail.com achegando o documento de protección de datos e o xustificante de pago
- Recibiremos un mail de confirmación unha vez comprobado todos os documentos.
O proceso de inscrición pecharase o día 20 de Novembro ás 24:00.
Felicidades por propuestas como esta.
ResponderEliminar