Xa podedes facervos socios de nosa ANPA, atopardes toda a información AQUI.
Por que facerse socio?
- Para defender os dereitos de todos, non os individuais.
 - Porque se non somos activos e participativos, como explicar ás nosas fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e responsabilizarse no seu propio futuro?
 - Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar melloras na escola pública.
 - Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións sexan vistas con maior respecto.
 - Porque para realizar a formación activa das familias é necesario unir esforzos e ideas.
 - Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida da escola.
 - Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para as nosas fillas e fillos.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario